17 de outubro de 2024

Comezamos a preparar o noso 25N

 Como cada ano no centro queremos ter moi presente a data do 25N e a biblioteca centralizará parte da actividade a desenvolver.

Aínda non queremos desvelar o que faremos pero necesitamos a colaboración de toda a comunidade educativa.



Pasa pola biblioteca, deixa o teu par de zapatos vellos e leva unha papeleta para participar no sorteo dun cheque agasallo de 50€.

 


 

Seguiremos informando...

11 de outubro de 2024

Descubre a Hang Kan, a escritora gañadora do Premio Nobel de Literatura, na biblioteca

 


Sabedes que na Biblioteca da Laboral descubrimos moito antes ca Academia Sueca a Han Kang?
Se queredes ler a súa obra máis famosa, A vexetariana, está dispoñible na biblioteca desde o 2017!!
 
Podes viaxar a Corea da man de moitas outras obras que atoparás na biblioteca.
 



 

Apúntate no noso Club de Lectura


 

Xa temos o día para a primeira reunión do Club. Será o luns día 28 de outubro. Estamos desexando compartir lecturas e doces. Apúntate nesta viaxe lectora!

3 de outubro de 2024

Biblioteca, espazo aberto!

 Inauguramos a biblioteca do mellor xeito posible, con alumnado colaborando, innovando, creando.

 
 
O alumnado de 2º do CS de Organización de Máquinas do Buque propuxo solucións para as carencias detectadas, buscando novas ideas de negocio. Aprendendo a emprender con Lego Serious Play na biblioteca. As bibliotecas dos CIFP ao servizo da súa comunidade educativa.


Abrimos!

 Por fin a BiblioLaboral abre as súas portas. Logramos ter o máis amplo horario posible! Todos os días de 8:30 a 14:00 e de 15:30 a 19:00. Esperámosvos!