24 de outubro de 2016

Intenso Día da Biblioteca II: Primeira sesión do Club de Lectura na quenda da tarde

Hoxe a Biblioteca estivo a pleno rendimento. Se pola mañá moitos alumnos descubriron o seu funcionamento, outros tiveron ocasión de participar na inauguración do novo Club de Lectura.

Todos os que alí estabamos eramos novatos nesto, pero houbo tempo para presentacións, compartir sobremesas, libros, películas e falar do que nos gustaría facer nas seguintes sesións. Parece que imos ter moito que contar...

Xa levamos a primeira lectura e quedamos en vernos de novo o 14 de novembro. Aínda hai tempo para vos unir se queredes. Preguntade na biblioteca.











1 comentario:

  1. Felicito ós alumnos e alumnas que alimentaron hoxe o sano hábito de visitar as bibliotecas. E felicito ó Equipo de profesores e profesoras que puxeron en pe ou deron apoio a esta iniciativa.

    ResponderEliminar

Graciñas por participar en biblioviva