26 de febreiro de 2026

English Conversation: if you want, you can

 

 Na biblioteca estamos convencidas que dar oportunidades para mellorar a competencia linguística é unha das nosas funcións, máis se pensamos que tanto alumnado como profesorado teñen que desenvolverse en un mundo globalizado e tecnificado.

 

 


As posibilidades de practicar inglés para o profesorado acaban de ser ampliadas:


 

25 de febreiro de 2026

O Club de Lectura viaxa xunto "Os Caravanistas"

 Este mes quixemos cambiar de rexistro, deixar o drama e pasarnos a unha obra máis humorística, aínda que non exenta de crítica social, Os Caravanistas, de Elizabeth von Arnim. A obra pon en boca do protagonista todos os estereotipos de xénero e descubrimos como as mulleres foron conquistando unha nova posición, máis xusta. 

 






A nosa mesa, chea de títulos como "Os homes explícanme cousas", de Rebecca Solnit e outras lecturas sobre feminismo e igualdade.
 


A sobremesa, ambientada no Entroido.



Ensinando a pensar críticamente no século XXI

 Este ano volvemos convidar a Manuel F. Herrador, profesor da UDC e divulgador, para que nos axudase a distinguir as fontes de información fiables dos bulos e intoxicacións informativas.




Falamos dos sesgos, experimentamos ao vivo como so vemos o que queren que vexamos cun xogo audivisual moi interesante.

Unha charla imprescindible e necesaria.

24 de febreiro de 2026

Día contra da LGTBIFOBIA no deporte





Cartel feito a partir dos materiais elaborados pola Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galicia.
Aproveitamos para facer unha selección de fondos relacionados e de interese para todo o noso alumnado, particulamente o da familia de Activides Físicas e Deportivas.




 

23 de febreiro de 2026

Little February: Libros curtos para o mes máis curto.




 Neste mes de febreiro quixemos seleccionar lecturas breves que fagan xogo co mes máis curto do ano.

Día de Rosalía 2026: Rosalía nas ondas da nosa Rula

 Estamos felices de poder prestar a nosa Radio na Biblio para colaborar na homenaxe a Rosalía que con tanto mimo preparou o EDLG.


 



A figura de Rosalía preside o noso hall e os seus versos quedarán gravados para sempre nos nosos podcast. Non hai mellor celebración que escoitar os versos de Rosalía nas voces de alumnado, persoal docente e non docente.

Unha pequena mostra, destacando o poema que inspira a exposición: "Quíxente tanto meniña". 

 

Tedes máis episodios listos para a escoita. 

Punto lúdico en galego na biblioteca grazas ao EDLG

 En galego tamén se xoga!

Con este lema puxemos a dispor do EDLG un dos nosos ordenadores para facilitar aos nosos usuarios a posibilidade de xogar nos tempos de lecer en lingua galega. 


 

 


 

As opcións gratuitas non son demasiadas pero pasiño a pasiño pensamos en que as opcións vaian medrando. De momento, podemos xogar co noso Apalpador, poñer a proba os nosos coñecementos sobre cultura galega ou axudar ao noso polbo a ir medrando...




 Ven xogar connosco!

12 de febreiro de 2026

II Torneo de Xadrez Ulaboral


 Neste 2º trimestre terá lugar o II Torneo de Xadrez, con flexibilidade de horarios e dous cadros distintos de xogo, un de mañá e outro de tarde. Animádevos que logo virá unha fase final con agasallos!

9 de febreiro de 2026

Nova edición do curso de formación en impresión 3D


 

Dende a Biblioteca queremos relanzar o Curso Habilitante para Impresión 3D que permita a utilización das impresoras do Espazo Maker que temos aquí, de 2 horas.

Igual que na primeira ocasión, lanzaremos dúas modalidades: para profesorado e para alumnado, en datas diferentes e quendas de mañá ou de tarde, sempre limitado a 8 persoas por cada sesión.

O que queremos con este curso é abrir as impresoras do Espazo Maker a todo aquel que quera facer uso das mesmas. Así, unha vez rematado, estaredes rexistrados para nos levar un control de uso, xestionar filamentos, facer mantemento...etc. Se algún interesado/a xa ten formación en impresión 3D, ben porque fixo algún tipo de curso ou porque xa ten experiencia neste eido, contestade a este correo e vos rexistraremos.

O profesorado que fixo o curso do ano pasado ou a formación de decembro xa está rexistrado.

No caso do alumnado, o procedemento é similar, agás que limitaremos as horas de impresión a 30 h por alumno/a.
  • Profesorado: Venres 20/02.
    • Quenda de mañá: 13:00 - 15:00
    • Quenda de tarde: 15:30 - 17:30
  • Profesorado: Martes 24/02.
    • Quenda de mañá: 13:00 - 15:00
    • Inscrición  por orde de confirmación a este mesmo correo, indicando se queredes entrar na quenda de mañá (venres ou martes) ou de tarde (venres).
  • Alumnado: Venres 27/02
    • Quenda de mañá: 13:00 - 15:00
    • Quenda de tarde: 15:30 - 17:30
    • Inscrición por orde de chegada, a partir de hoxe luns 9, no formulario habilitado na biblioteca. Terá prioridade o alumnado de 2º curso, por ser o que remata antes a súa estadía no centro. Data límite: 20 de febreiro.

Continúan as sesións de formación de usuarios

 Este ano imos con algunha demora nas sesións de formación de usuarios, xa que as folgas de transportes e outras incidencias afectaron á nosa planificación. Pero nunca é tarde para descubrir a biblioteca e máis os seus fondos.