Este blogue quere ser unha porta aberta a toda a comunidade educativa, na que mostraremos as actividades da biblioteca, as novidades nos fondos e trataremos de facer recomendacións interesantes relacionados coa lectura e a cultura en xeral.
Os alumnos que cursan Educación Secundaria de Adultos andan a ler "Quantic Love" de Sonia Fernández-Vidal, grazas a proposta do seu profesor e coa colaboración da biblioteca. Unha boa combinación: literatura e física; ciencia e amor
Se picades na portada do libro podedes ler todos os seus comentarios
Este ano no centro quixemos remarcar a importancia da seguridade no traballo, e concretamente a necesidade de empregar correctamente os EPI'S (Equipos de Protección Individual).
Elaboramos uns cuestionarios que se completaron nos propios talleres coa colaboración do profesorado de FOL e dos profesores dos talleres respectivos
Examináronse os EPI's de cada taller
Fixemos unha exposición de EPI's no hall da entrada
O proxecto rematou o venres 28 de abril, data no que se celebra o Día Internacional da Saúde no Traballo, con un MANNEQUIN CHALLENGE na explanada de entrada ao centro con todas as familias profesionais portando os seus equipos de traballo.
Un xeito diferente de apreciar a importancia da seguridade e tamén unha oportunidade de descubrir toda a variedade de tarefas que se desenvolven nos nosos talleres e aulas. Mirade, mirade...
Aproveitamos o primeiro día lectivo para pasear pola nosa exposición, visitando máis dun cento de paises da man de moitos libros que temos na biblioteca. Escolle a túa lectura para a viaxe
A lectura de "A ira dos mansos" deunos a oportunidade de abrir o noso Club de Lectura ao centro e invitar ao debate e reflexión que este libro leva consigo a outros alumnos do centro moi implicados co tema de fondo da obra: a discapacidade e a integración.
Consideramos que tiñamos que invitar aos alumnos do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas, que todos os luns acollen nas súas aulas aos usuarios da Asociación de Pais de Discapacitados de Oleiros (Aspadisol) para desenvolver algún dos módulos de atención a persoas con discapacidades.
O debate resultou moi enriquecedor xa que ademáis do autor Manuel Esteban (cuxo fillo ten síndrome de Down) participaron no debate a Directora de Aspadisol, dúas profesionais que atenden no seu gabinete a persoas discapacitadas e tamén escoitamos a voz das familias, na boca de algunhas compañeiras do centro que teñen fillos con discapacidades.
Está claro que os libros e os Clubs de Lectura poden axudar a formar cidadáns comprometidos e implicados e que abren novas portas para traballar fóra das paredes da biblioteca escolar.