5 de abril de 2018

Contacontos laborais: Pepe Sendón e Marcos Teira visitarán a biblioteca

O vindeiro martes, 10 de abril, teremos a oportunidade de escoitar unha escolma de relatos na voz de Pepe Sendón, acompañado á guitarra de Marcos Teira.



Trátase dunha escolma de contos pensada especialmente para o alumnado da Universidade Laboral de Culleredo que teñen que ver con diferentes aspectos do mundo do traballo.
Son relatos de diferentes épocas, estilos e culturas, mostrando así os moitos modos en que a literatura se aproxima á experiencia do ser humano alí onde pasa as máis das horas do seu día: no seu posto laboral. Escritos polos autores: Rafael Dieste, Donald Barthelme, Heinrich Böll, Víctor Giudice, Primo Levi e Pippa Goldschmidt.

2 de abril de 2018

Reunión do Club de Lectura

Antes das vacacións de Semana Santa o Club de Lectura reuniuse de novo. Para facer máis levadeiros os exames a lectura escollida foi "El Proyecto Esposa", de Simsion Graeme. Con moito humor a obra acércanos á personalidade do protagonista, Don Tillman, que padece síndrome de Asperger.


A tertulia permitiu falar de outros síndromes do espectro autista e trouxo á mesa outras obras con protagonistas singulares



7 de marzo de 2018

#MAISMULLERES

Estes días aumentamos o noso empeño en visibilizar ás mulleres e o seu traballo científico, de creación literaria e coma protagonista en igualdade na vida social.

Na nosa mesa de novidades atoparedes unha escolma de películas, novelas, banda deseñada, ensaio... cheos de inspiración feminina.


Tamén recomendámosvos visitar o noso blogue de lecturas na laboral. Premendo na imaxe atoparás as obras coa etiqueta "Mulleres", e unha breve recensión de cada unha delas.

http://lecturasnalaboral.blogspot.com.es/search/label/Mulleres

27 de febreiro de 2018

Cinema, cinema, cinema

Acabamos de renovar os nosos fondos de cinema e temos moitas e interesantes propostas para todos os gustos.

Así poderás gozas das películas que encheron as salas na súa versión máis comercial


Pero tamén temos unha nova selección de películas  que traen outras voces máis independentes e aportan outra perspectiva


Para rematar con aquelas outras que falan en feminino, protagonizadas por mulleres fortes, que viven ás veces moi lonxe, aínda que moitos dos problemas que viven as mulleres sexan moi semellantes en todas as partes do mundo


26 de febreiro de 2018

O club de lectura fala de mulleres e ciencia

Aproveitamos as efemérides destes días (Día da muller e a nena na ciencia e o Día da muller traballadora) para comentar unha lectura que a partires das memorias de Marie Curie fala do traballo das científicas (moitas esquecidas ou invisibilizadas) e como foron pioneiras en tantas facetas das súas vidas.


"La ridícula idea de no volver a verte" de Rosa Montero permite reflexionar tamén sobre a ausencia, a morte, o amor, o papel da muller na sociedade e na familia...

Como sempre, conversa e debate moi fructífero.

15 de febreiro de 2018