Novidade! Este curso imos promover o xadrez na biblioteca.
Podes aprender se non sabes as regras do xogo.
Podes practicar se xa coñeces os fundamentos.
E podes competir nos torneos que imos organizar.
Novidade! Este curso imos promover o xadrez na biblioteca.
Podes aprender se non sabes as regras do xogo.
Podes practicar se xa coñeces os fundamentos.
E podes competir nos torneos que imos organizar.
Estades preparados para o Samaín?🎃🎃
Na biblioteca xa fixemos os deberes e preparamos unha selección de libros que farán que durmas ca luz prendida.
Non esquezas pasar pola biblioteca do centro e levarte un (ou varios) para a túa casa!
Como cada ano no centro queremos ter moi presente a data do 25N e a biblioteca centralizará parte da actividade a desenvolver.
Aínda non queremos desvelar o que faremos pero necesitamos a colaboración de toda a comunidade educativa.
Pasa pola biblioteca, deixa o teu par de zapatos vellos e leva unha papeleta para participar no sorteo dun cheque agasallo de 50€.
Seguiremos informando...
Xa temos o día para a primeira reunión do Club. Será o luns día 28 de outubro. Estamos desexando compartir lecturas e doces. Apúntate nesta viaxe lectora!
Inauguramos a biblioteca do mellor xeito posible, con alumnado colaborando, innovando, creando.
Por fin a BiblioLaboral abre as súas portas. Logramos ter o máis amplo horario posible! Todos os días de 8:30 a 14:00 e de 15:30 a 19:00. Esperámosvos!