Compartimos este vídeo ilustrativo sobre esta mestra, un exemplo de innovación pedagóxica a quen pretendemos adicar o noso espazo Maker.
14 de xaneiro de 2025
Ángela Ruiz Robles, unha pioneira.
22 de decembro de 2024
Inauguración oficial do Espazo Maker "Ángela Ruiz Robles"
O venres día 20 fixemos o acto de inauguracion oficial do Espazo Maker, un lugar aberto a comunidade educativa concebido para promover a creatividade tecnolóxica, o diseño e o prototipado. Gafas 360º, impresoras 3D e outros materiais estarán dispoñibles para desenvolver todo tipo de proxectos. Infórmate! Pronto haberá microcursos de formación.
A aula
estará adicada á mestra Ángela Ruiz Robles, que deseñou unha
enciclopedia mecánica, que pode considerarse o primeiro libro
electrónico da historia.
English Kahoot, a noso reto navideño fala inglés
Canto sabes da cultura inglesa? Coñeces a su historia, a súa gastronomía ou as súas tradicións?
O English Team da Biblioteca organizou un divertido Kahoot para que o alumnado do centro puidese amosar os seus coñecementos.
Por suposto, con agasallo para os xogadores nos primeiros postos de podium.
18 de decembro de 2024
Xogamos a Lotería no Club de Lectura
A última proposta lectora do ano foi a novela gráfica a Loteria, de Shirley Jackson, na versión ilustrada polo neto da creadora do relato, Miles Hyman.
Unha profunda crítica social para poñer en cuestión o valor da tradición e das convencións sociais.
Por suposto, nós tamén xogamos á lotería, pero a unha moito máis agradable: decidir quen tiña o primer turno de palabra. Falar, expresar opinións, disentir... unha sorte participar! Menuda lotería!
15 de decembro de 2024
Lecturas para o Nadal
Xa temos preparadas as nosas recomendacións para estes días de festa.
Destacamos algunhas das nosas suxestións:
- Mergúllate na saga de Blackwater, a historia dunha familia nun pobo asolagado. Toques sobrenaturais para unha lectura adictiva.
- Presentes, de Paco Cerdá, o relato da recorrido do féretro de José Antonio Primo de Rivera a través da España de 1939.
- O corpo de Cristo, de Bea Lema, Premio Nacional do Comic 2024.
- As alumnas, Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura, inspirada na mestra María Barbeito.
Os nosos mellores desexos para o 2025!
Nadal para a solidariedade
Un ano máis activamos a nosa campaña de recollida de alimentos non parecedeiros para o Banco de Alimentos Rías Altas.
Recollida ata o día 20 de decembro.

10 de decembro de 2024
Chegaron as novidades do Nadal
Como cada ano os Reis chegan por adiantado á biblioteca e deixaron un bo surtido de novidades, novela, ensaio, banda deseñada...


























