Un novo curso rematou. Moitas aprendizaxes, moitas experiencias, moitas lecturas que quedan recollidas no Boletín nº 3, que compartimos con vós.
Disfrutade das merecidas vacacións!! Vémonos á volta.
1 de xullo de 2016
6 de xuño de 2016
Verán. Tempo de... lecturas
Por fin chegou o bo tempo e o calor. Xa é hora de preparar as túas lecturas para o verán.
Sabes que podes utilizar o préstamo de verán e levar 3 obras para animar o tempo das vacacións?
Vai escollendo. Podes solicitar o teu préstamo a partires do 15 de xuño.
Ai van unhas suxestións
Sabes que podes utilizar o préstamo de verán e levar 3 obras para animar o tempo das vacacións?
Vai escollendo. Podes solicitar o teu préstamo a partires do 15 de xuño.
Ai van unhas suxestións
1 de xuño de 2016
Visita o noso blogue de Lecturas recomendadas
Se queres ir preparando as túas lecturas para o verán, pásate polo blogue de Lecturas na laboral. Alí atoparás moitas recomendacións. Preme na imaxe e busca os fondos do teu interese.
27 de maio de 2016
O alumnado participante nas Xornadas de Convivencia do Voluntariado de Lectura explora a nosa biblioteca
O pasado xoves, 26 maio, tivemos unha visita moi especial: cincuenta alumnos dos centros CEIP Ricardo Tobío (Muros, A Coruña), CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei, Lugo), CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra) e CEIP Sobreira-Valadares (Vigo, Pontevedra) viñeron a coñecer a nosa biblioteca e participaron nun obradoiro que lles permitiu explorar os nosos fondos e demostrar que poden desenvolverse perfectamente nunha biblioteca pensada para un perfil de usuarios moi diferente.
Para nós foi moi gratificante velos desfrutar recorrendo os andeis e comprobar que a nosa biblioteca pode ser un lugar axeitado para moi distintos usuarios. Encantounos compartir esa tarde con eles!! Aprendemos moito todos!!

12 de maio de 2016
Sabías que no instituto temos unha colección de vinilos?
Estes días estivemos a rescatar algúns tesoiros da antiga biblioteca.
Xa estamos a piques de rematar a recatalogación de moitos vinilos que permaneceron agochados durante anos na antiga biblioteca.
Temos un pouco de todo
Xa estamos a piques de rematar a recatalogación de moitos vinilos que permaneceron agochados durante anos na antiga biblioteca.
Temos un pouco de todo
11 de maio de 2016
Mes das Letras con Manuel María
Manuel María acompáñanos coa súa obra nos andeis da biblioteca e os corredores do centro, xunto con outros autores galegos homenaxeados en anos anteriores.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)