Hoxe pasamos o día carretando enciclopedias e
outros fondos para o depósito coa finalidade de deixar sitio nos andeis
a outras obras máis solicitadas.
Sentimos unha mestura de pena polo
desterro de fondos que foron imprescindibles noutro tempo non tan
afastado e a emoción da estrea dos novos andeis.
31 de xaneiro de 2018
24 de xaneiro de 2018
Únete ao English Coffee
Recorda que os martes e mércores temos conversa en inglés na Aula de Traballo Colaborativo da Biblioteca
23 de xaneiro de 2018
O Club de Lectura comparte unha nova lectura
Hoxe no club falamos da experiencia da semana pasada na biblioteca dos Rosales. Buscamos nos andeis algún dos libros recomendados por Sira e Anabel (as nosas bibliotecarias favoritas) e descubrimos moitos deles. Logo tocaba comentar a nova lectura "Los caballos de Dios".
Unha obra que gustou moito pese a súa dureza e que xenerou debate sobre
o conflicto árabe, as orixes do terrorismo, o fundamentalismo relixioso
ou político.... Buscamos tamén outras lecturas sobre territorios en
conflicto o sobre África. Menuda tertulia!!
18 de xaneiro de 2018
Speak English!!
Se queres practicar e mellorar o teu nivel de inglés, pásate pola biblioteca nos recreos. Comezan os English Break!
15 de xaneiro de 2018
Tecendo redes co noso Club de Lectura
Hoxe o noso club tivo o privilexio de celebrar a súa sesión nun espazo especial: a Biblioteca de Os Rosales, pertencente á rede de bibliotecas municipais de A Coruña.
Por recomendación das súas bibliotecarias, Sira González e Anabel Cardiel, lemos e comentamos a obra "El Faro", de Paco Roca. Para moitos dos participantes era a súa primeira lectura de banda deseñada. Pareceunos que reunía moitos ingredientes para agradar: un conto con moitas referencias literarias, inspirado no mundo do mar, especialmente atractivo para todos e tamén, claro, para os nosos alumnos dos Ciclos de Marítimo. A edición de Astiberri resultou moi didáctica cunhas notas finais do propio autor explicando como xurdiu a idea desta obra e como foi "retocada" para esta edición.
A conclusión foi unánime: todos os participantes gozaron coa descuberta e ábrense a un mundo de novas e infinitas lecturas que tiñan descartadas, por prexuicios ou simple ignorancia.
Que gusto é atopar polo camiño cómplices que axudan a tecer redes lectoras!
Para nós, cuns usuarios maioritariamente adultos, as bibliotecas municipais de A Coruña son unha fonte de inspiración. Tanto máis cando atopas bibliotecarias entusiastas que transmiten o seu amor polos libros e polo seu traballo.
Por suposto, houbo tempo para explorar a biblioteca, cubrir solicitudes de novos socios, escoitar moitas recomendacións lectoras e, por suposto, para ler.
18 de decembro de 2017
Tarefas navideñas do club de lectura
Hoxe tivemos a sesión do Club de Lectura previa as vacacións de Nadal.
Entre lambadas variadas falamos, reflexionamos e debatimos se hai algo que importe na vida (relixión, familia, integridade física, virxinidade...). Todo grazas á obra "Nada" de Janne Teller. Unha proposta lectora que trouxo unha morea de opinións. Tamén é certo que agora o debate é máis doado por ser tan numeroso e diverso o noso club. Unha gozada!
Tamén aproveitamos para propoñer as tarefas para as vacacións de Nadal: gozar comendo e lendo, claro!
Á volta de Nadal, xa vos contaremos como nos foi devorando chuches e libros
Entre lambadas variadas falamos, reflexionamos e debatimos se hai algo que importe na vida (relixión, familia, integridade física, virxinidade...). Todo grazas á obra "Nada" de Janne Teller. Unha proposta lectora que trouxo unha morea de opinións. Tamén é certo que agora o debate é máis doado por ser tan numeroso e diverso o noso club. Unha gozada!
Tamén aproveitamos para propoñer as tarefas para as vacacións de Nadal: gozar comendo e lendo, claro!
Á volta de Nadal, xa vos contaremos como nos foi devorando chuches e libros
9 de decembro de 2017
As nosas recomendacións lectoras para o Nadal
Xa é hora de escoller as túas lecturas para estas vacacións de Nadal. Aquí tes a nosa selección. Atoparás un pouquiño de todo: novelas, divulgación, banda diseñada, xuvenil...
Recorda que tes unha breve recensión de cada título do teu interese no noso blogue
LECTURAS NA LABORAL
Recorda que tes unha breve recensión de cada título do teu interese no noso blogue
LECTURAS NA LABORAL
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















