7 de marzo de 2018

#MAISMULLERES

Estes días aumentamos o noso empeño en visibilizar ás mulleres e o seu traballo científico, de creación literaria e coma protagonista en igualdade na vida social.

Na nosa mesa de novidades atoparedes unha escolma de películas, novelas, banda deseñada, ensaio... cheos de inspiración feminina.


Tamén recomendámosvos visitar o noso blogue de lecturas na laboral. Premendo na imaxe atoparás as obras coa etiqueta "Mulleres", e unha breve recensión de cada unha delas.

http://lecturasnalaboral.blogspot.com.es/search/label/Mulleres

27 de febreiro de 2018

Cinema, cinema, cinema

Acabamos de renovar os nosos fondos de cinema e temos moitas e interesantes propostas para todos os gustos.

Así poderás gozas das películas que encheron as salas na súa versión máis comercial


Pero tamén temos unha nova selección de películas  que traen outras voces máis independentes e aportan outra perspectiva


Para rematar con aquelas outras que falan en feminino, protagonizadas por mulleres fortes, que viven ás veces moi lonxe, aínda que moitos dos problemas que viven as mulleres sexan moi semellantes en todas as partes do mundo


26 de febreiro de 2018

O club de lectura fala de mulleres e ciencia

Aproveitamos as efemérides destes días (Día da muller e a nena na ciencia e o Día da muller traballadora) para comentar unha lectura que a partires das memorias de Marie Curie fala do traballo das científicas (moitas esquecidas ou invisibilizadas) e como foron pioneiras en tantas facetas das súas vidas.


"La ridícula idea de no volver a verte" de Rosa Montero permite reflexionar tamén sobre a ausencia, a morte, o amor, o papel da muller na sociedade e na familia...

Como sempre, conversa e debate moi fructífero.

15 de febreiro de 2018

31 de xaneiro de 2018

Dandolle unha volta aos nosos andeis

Hoxe pasamos o día carretando enciclopedias e outros fondos para o depósito coa finalidade de deixar sitio nos andeis a outras obras máis solicitadas. 

Sentimos unha mestura de pena polo desterro de fondos que foron imprescindibles noutro tempo non tan afastado e a emoción da estrea dos novos andeis.