25 de novembro de 2022

Nova sesión do Club de Lectura

Segunda reunión do Club de Lectura para comentar "Fiesta en la madriguera", de Juan Pablo Villalobos, unha fábula na que baixo unha pátina de humor atopamos a violencia máis extrema.




Seleccionamos algúns textos da obra, onde a violencia é especialmente protagonista.



Na conversa aproveitamos para falar de todas as violencias, dos estereotipos de ser "macho", das sociedades patriarcales, onde prima ser "El Rey". Resultou un tema moi acaído para recordar o 25N.






O alumnado levou un pequeno agasallo conmemorativo da data do 25N e, por suposto, unha nova proposta lectora. Neste caso obtamos por unha lectura imprescindible para presentar un  novo xénero, desta volta a banda deseñada, Maus, de Art Spiegelman. Reflexionar sobre o holocausto, a sinrazón da guerra segue a ser tristemente necesario. Sorte contar con alumnado comprometido coa palabra e profesorado que acompañe no proceso. Viva o Club de Lectura!




22 de novembro de 2022

Proxecto Radio na biblio: practicamos co noso primeiro podcast.

 Entre os proxectos máis ilusionantes do ano temos a idea de poñer en funcionamento un espazo para a radio na biblioteca. 

Varios son obxectivos que se pensan alcanzar: por una banda, que o alumnado teña ocasión de poñer en  práctica cuestións técnicas aprendidas nos módulos máis relacionados coa radio e o son; doutra banda, facilitar á comunidade educativa unha ferramenta para mellorar as capacidades comunicativas, un espazo para o debate e para compartir experiencias.

Así, aínda nas fases iniciais e con todo por facer, o grupo de alumnas e alumnos do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico na modalidade Dual comparten con nós a experiencia vivida xunto co mesmo grupo na modalidade ordinaria na súa visita ao Smart City Word Congress en Barcelona.

Escoitade! E interesante e motivador compartir con eles esta experiencia académica e vital ao mesmo tempo.

Preparando o 25N

Xa montamos na entrada do centro o bosque pola igualdade, coa axuda das rapazas de 1º do Ciclo Superior de Eficiencia Enerxética.





 

 

Tamén fixemos a selección de fondos para o día 25 e preparamos a exposición.






A nosa escada contra a violencia recolle textos elaborados polo alumnado.






16 de novembro de 2022

Mercadillo solidario cos fondos expurgados

 O expurgo da antiga biblioteca pasa primeiro pola entrada do centro, para dar a moitos libros unha segunda oportunidade. Moitas das obras están envellecidas e deterioradas, outras non teñen sentido entre os fondos da nova biblioteca pero de calquera xeito da moitísima mágoa tirar con todo sen darlle unha nova oportunidade. Hai un lote de curiosidades, todas desfasadas, claro, pero que ao mellor atopan oco nas bibliotecas particulares dos membros da comunidade educativa.

Estamos deixando algúns lotes na entrada do centro para que se collan libremente, aínda que se agradece un donativo (en metálico, en leite, en alimentos).

A idea inicial era expurgar todo pero a verdade é que a tarefa produce sentimentos encontrados e provoca reflexións.

Se polo menos algún dos exemplares pode ter unha segunda vida ou axudar a outros a sobrelevar a súa xa é bastante.







Lemos ciencia no Club

 Temos un novo grupo lector, esta vez entre o alumnado de FP Básica de Electricidade, grazas á colaboración da súa profesora do ámbito científico que os animou á lectura e está a acompañalos no proceso lector. 

Parte do grupo acercouse no recreo para compartir coa coordinadora dos Clubs as súas impresións sobre a lectura, "La puerta de los tres cerrojos", de Sonia Fernández-Vidal.





Moitos enigmas pendentes de solucionar!

8 de novembro de 2022

Primeira sesión do Club de Lectura

 Arrincamos! Motores en marcha do CUL! Xa temos novos lectores, nova lectura, novas propostas compartidas de novelas, series, manga...e ata unha suxestión para visitar Ons ou a Polinesia Francesa. Está claro que os clubs de lectura abren horizontes.

 






 

Un grupiño moi xeitoso do alumnado incorporouse hoxe ao club, así contamos cunha representación de case todas as familias profesionais do centro; sumamos alumnos e alumnas de Eficiencia Enerxética, Enerxías Renovables, Animación Sociodeportiva, Pesca... 

 






 

Como sempre o café e os doces desatan a lingua e confesamos as nosas preferencias lectoras, o superpoder soñado, o a viaxe pendente de que nos toque definitivamente a lotería.

A lectura prevista: Fiesta en la madriguera, de Juan Pablo Villalobos. Esperamos que guste e que nos dea moito do que falar na seguinte sesión.

 



5 de novembro de 2022

Comeza o gran expurgo da antiga biblioteca

 Estamos facendo un gran esforzo para seleccionar entre os volumes da antiga biblioteca aqueles que xa remataron os seus servizos e que van a ser expurgados con carácter definitivo. Ás veces costa traballo recoñecer que aquelas enciclopedias que un día foron o non vai máis do saber xa non teñen sentido para os nosos usuarios. Outros tempos son chegados!