A nosa biblioteca Manga segue crecendo!
29 de maio de 2024
A voltas de novo cos andeis
Será esta a definitiva colocación? Volvemos a colocalo todo para adaptar o espazo á nova distribución.
O andamio leva tanto tempo entre nós que xa nos provoca colocarlle algúns libros :)
24 de maio de 2024
Os seres queridos, de Berta Dávila chega ao Club de Lectura
Nova sesión do noso Club e nova lectura. A obra escollida, Os seres queridos, de Berta Dávila, levounos a falar da maternidade e outras cuestións relacionadas coas relacións familiares e os roles de xénero.
7 de maio de 2024
6 de maio de 2024
Espacio Maker en acción
Canto máis desorden haxa no noso espazo fedelleiro, máis nos gusta!
Días antes do Innova así lucía a toda máquina.
30 de abril de 2024
Os nosos gañadores!
Xa temos aos afortunados que gozarán da obra de Luisa Villalta mentras degustan o seu lote de delicias galegas.
Aquí temos a Lucas Pérez, de 1º de Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial e Renée Nerenberg, a nosa auxiliar de conversa, que terá ocasión de coñecer máis afondo as delicias galegas.
24 de abril de 2024
Sesión de abril do Club de Lectura
Da man de Alana S. Portero e a súa obra "La mala costumbre" fixemos toda unha descuberta do barrio de San Blas e unha volta á sociedade dos oitenta, con toda a súa dureza.
Grazas a que temos ben nutridos os nosos andeis da biblioteca de xénero e igualdade, poidemos seleccionar obras que tratan de todos os compoñentes das siglas LGTBI+.
Impensable para moitas persoas do colectivo que tiveron que enfrentarse a todos os prexuízos sociais (e seguen a facelo aínda hoxe) que anos despois estes temas se falen abertamente nos centros educativos. Que libres nos fai a lectura!
Deixamos por aquí os materiais da sesión.
Para deixar bo sabor de boca, o mellor de cada sesión: as delicias con que nos agasalla a nosa coordinadora e unha nova proposta lectora. Desexando a seguinte!

































