Cada ano, cada día, tratamos de encamiñar ao noso alumnado para que saiba recoñecer os símbolos da violencia. Paso a paso.
Cada ano, cada día, tratamos de encamiñar ao noso alumnado para que saiba recoñecer os símbolos da violencia. Paso a paso.
Un ano máis, grazas á colaboración do Departamento de Linguas, o profesorado do centro pode mellorar as súas competencias lingüísticas. De momento, teremos English Conversation os venres, de 12:00 a 13:00 e de 13:00 a 14:00. Animádevos!
A literatura ten o poder de educar, crear conciencia e transformar. Alcemos a voz frente a violencia. Non cales! Non é un caso illado!
Cultura da Deputación da Coruña, a través do seu programa POLDRA de Literatura expandida permitiu que os membros do noso noso Club de Lectura aprenderan e gozaran sobre esa "arte da elipse".
O auténtico protagonista da sesión foi o actual residente vasco da Residencia Literaria 1863, o guionista, narrador e dramaturgo Bertol Arrieta que baseou a súa charla/obradoiro no seu máis recente título: a novela gráfica "En la parte más alta de las nubes", creado en colaboración coa ilustradora Sandra Garayoa.
Unha oportunidade poder participar do tecido cultural da contorna e crear redes nas que a literatura e os libros ocupan o lugar de privilexio que lles corresponde.
Comezamos coas sesións de formación de usuarios para todo o alumnado que se incorporou ao centro este curso.
O alumnado coñece os servizos da biblioteca e descubre os seus fondos.
Como cada ano por estas datas comezamos un novo percorrido lector no noso Club.
Primeira xuntanza para coñecer aos novos membros e para retomar rutinas de sobremesas e lecturas.
Unha bica, un xogo, unha enquisa e moitos libros pendentes.
O mellor, a nova proposta lectora. Para moitos será unha lectura diferente ao que estamos acostumados, pero a gracia de formar parte dun club é compartir novas experiencias e se hai que empezar polo revés, pois alá vamos!
O lema deste ano, escollido por A Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura,"Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñamos todas as bibliotecas na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
A través das nosas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribuímos a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.
Máis aló dos ODS relacionados coa Cultura e o Coñecemento aos que claramente contribuímos as bibliotecas, tamén fomentamos a educación de calidade, a igualdade de xénero, a consolidación de
institucións máis democráticas, a difusión de información veraz, a
redución da pobreza, o coidado do medio ambiente…
Como institucións democráticas, as bibliotecas somos espazos accesibles abertos á participación da cidadanía, que busca nelas un lugar de encontro, de intercambio de opinións e coñecemento, de posta en marcha de novas ideas e proxectos, sendo especialmente relevantes en zonas rurais e/ou pouco poboadas.
Procuramos a educación en valores para a formación de cidadáns comprometidos, críticos e responsables, que constrúan sociedades máis xustas.
Igualmente, as bibliotecas contribuímos á redución da fenda dixital, proporcionando acceso ás novas tecnoloxías e formación en competencias dixitais para persoas de todas as idades e contextos, en liña coa Estratexia España Dixital 2026 e os obxectivos da Década Dixital de Europa.
Como non podía ser de outro xeito deixamos as nosas recomendacións lectoras relacionadas coa Axenda 2030.