27 de abril de 2016

Andrea Maceiras visita o IES Universidade Laboral

Onte tivemos a sorte de ter a oportunidade de comentar en directo con Andrea Maceiras a súa obra "Nubes de evolución". Todo o alumnado de 1º de Bacharelato, acompañado dos profesores do Departamento de Lingua Galega, puido coñecer o proceso de creación da obra, o deseño das personaxes e a elaboración da trama argumental. Houbo ocasión tamén para falar de cine, literatura, os estudos de Filoloxía...unha charla amena e enriquecedora.


A continuación, Andrea Maceiras visitou a biblioteca do centro, onde firmou exemplares das súas obras e tamén respondeu a novas preguntas












Deixounos tamén a súa dedicatoria nos exemplares da biblioteca


Grazas a Andrea e a editorial Xerais que fixo posible este encontro.

Xa estamos esperando que volva para falarnos da súa nova obra "Europa Express". Na biblioteca xa temos tres exemplares dispoñibles!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva