20 de novembro de 2018

Nin #BlackFriday nin #CyberMonday, apúntate ao #GivingTuesday





O vindeiro martes 27 celebrarase o #GivingTuesday (martes para dar e compartir). O movemento #GivingTuesday nace como alternativa aos días previos de BlackFriday e CyberMonday, que promoven as compras previas do Nadal.

A biblioteca da Laboral queremos unirnos ao movemento solidario organizando dúas charlas onde os compañeiros do centro da Operación Pangono Pangono van a expoñer ao profesorado e alumnado asistente a súa experiencia de voluntariado en África.

No primeiro recreo do martes 27, a partir das 10:15 h, Fernando Vidal, Jesús Fernandez e Ricardo Baamonde presentarán ao profesorado e persoal do centro o proxecto da Operación Pangono para este nadal, que os levará de volta a Malawi para a realización de cinco instalacións fotovoltaicas en hospitais, residencias de estudantes e orfanatos deste pequeno país africano.

Posteriormente, ás 10:30 h, haberá unha segunda charla dirixida a grupos de alumnado, co obxectivo de promover a realización de accións de voluntariado

Animámosvos a todos e todas a participar.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva