11 de febreiro de 2021

Día da nena e da muller na ciencia

Hoxe celebramos o Día da nena e da muller na ciencia dunha maneira moi especial. Tivemos a visita de Ros López, exvoluntaria da ONG Mundo Cooperante que viaxou por varios países axudando a mulleres e nenas en situación de exclusión social. 




Esta actividade está enmarcada no Proxecto de Igualdade que se leva a cabo nos cursos de FP básica e trata de concienciar ao alumnado sobre as desigualdades de xénero que todavía se viven na nosa sociedade. Nunhas sesións previas falamos da evolución da situación da muller na sociedade (na familia, no traballo, na ciencia...) e hoxe reflexionamos sobre a situación todavía máis desfavorecida que sofre a muller noutros países. O punto final foron dúas dinámicas que tiveron ao alumnado moi participativo,  viviron nas súas carnes a explotación e a denigración social. As súas conclusións foron emotivas: a muller non vale nada en moitos países, non teñen dereitos, non poden estudar,  moitas nenas están destinadas á prostitución... Deixamos unha pequena mostra da actividade.






O Día da nena e a muller na ciencia tamén o celebramos cunha pequena exposición con parte dos nosos fondos da "Biblioteca de igualdade", en concreto aqueles que fan referencia á muller e a ciencia. Esperemos que poidades "degustar" algún exemplar.













Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva