7 de xuño de 2021

Concerto Black Galicia

O alumnado de CS de Actividades físicas e deportivas e os de CM de Electricidade e Electrónica asistiron ao concerto de Black Galicia e ao seu espectáculo "Voces de muller", un canto ao feminismo e unha homenaxe ás voces negras de mulleres que tiveron que loitar por facerse un oco no panorama musical. Escoitamos versións de Amy  Winehouse, Aretha Franklin, Nina Simone e Alicia Keys entre outras introducidas por unhas verbas que nos recordaron o calvario polo que tiveron que pasar para poder triunfar na música, en moitos casos polo feito de ser mulleres e negras ou por sufrir malos tratos por parte das súas parellas. O escenario foi no exterior para poder cumprir co protocolo Covid e o tempo axudou para poder bailar ao ritmo do soul.










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva