O alumnado de CS de Actividades físicas e deportivas e os de CM de Electricidade e Electrónica asistiron ao concerto de Black Galicia e ao seu espectáculo "Voces de muller", un canto ao feminismo e unha homenaxe ás voces negras de mulleres que tiveron que loitar por facerse un oco no panorama musical. Escoitamos versións de Amy Winehouse, Aretha Franklin, Nina Simone e Alicia Keys entre outras introducidas por unhas verbas que nos recordaron o calvario polo que tiveron que pasar para poder triunfar na música, en moitos casos polo feito de ser mulleres e negras ou por sufrir malos tratos por parte das súas parellas. O escenario foi no exterior para poder cumprir co protocolo Covid e o tempo axudou para poder bailar ao ritmo do soul.
7 de xuño de 2021
31 de maio de 2021
Últimas novidades
Para rematar o curso e poder levarnos un bo libro para o verán fixemos a última adquisición de novos fondos neste curso, vén buscar o teu!!
14 de maio de 2021
Rap e Argonautas polas Letras Galegas
Para conmemorar as Letras Galegas a biblioteca editou dous vídeos cos alumnos do Ciclo Superior de Mantemento de maquinaria de buques e embarcacións. Por un lado montamos varias imaxes cun rap de fondo composto por un alumno que vencella a poesía á música e por outro acompañamos unha gravación co recitado de versos da nosa poesía entre os que destacan os de Xela Arias. Este último titulámolo "Argonautas" facendo un guiño aos alumnos de marítimo e no primeiro quixemos mandar unha mensaxe clara: Goza coa nosa cultura, fala a túa lingua!
Deixamos os enlaces aos vídeos para que os vexades.
Rap Letras Galegas:
https://drive.google.com/file/d/1ghACPkkAPx4rHPVxpCsHRR3UgFTbWbaU/view?usp=sharing
Argonautas:
https://drive.google.com/file/d/14GZ-H9RFutJVQLM7HORAhFGaLYXIlNfZ/view?usp=sharing
Aproveitando a celebración deste día quixemos facer públicas tamén as novidades en lingua galega coas que contamos na biblioteca.
Podedes pasar cando queirades a recoller o voso libro!!
6 de maio de 2021
Exposición Letras Galegas
Xa temos na nosa biblioteca a exposición para as Letras Galegas que este ano están adicadas a Xela Arias, tratamos de resaltar as diferentes facetas da escritora, a Xela vencellada á poesía, a Xela xornalista e a Xela como compositora de cancións para o grupo de rock Desertores.
Xela é unha das voces máis destacadas da poesía galega e aborda na súa obra a afirmación do corpo feminino, a perspectiva de xénero e a busca de novos espazos para a poesía. Con esta exposición sumámonos á súa homenaxe.
Novidades lectoras Día do Libro
Co gallo do Día do Libro adquirimos unhas cantas novidades: narrativa, divulgación, banda deseñada... Deixamos por aquí algúns dos títulos cos que contamos entre os nosos fondos.
Tamén quixemos ampliar os nosos fondos de igualdade e da biblioteca inclusiva con xogos e libros.
Aproveitade e levade algún para casa!!
23 de abril de 2021
Semana do Libro
Esta semana tivemos varias actividades para conmemorar o Día do Libro. Xa durante todo o mes de Abril tivemos na nosa biblioteca unha exposición dedicada a Shakespeare que fixemos en colaboración co departamento de inglés. Esta exposición foi ademais o telón de fondo para varias actividades. Lucía, unha das profes de inglés, nos explicou como vivía o escritor inglés na súa época contándonos moitas curiosidades e explicándonos unha gran cantidade de obxectos do século XVI, falamos da influenza de Shakespeare no cine actual e tamén nas series que podemos ver hoxe en día en plataformas televisivas. Finalmente, a actividade rematou cunha grandiosa interpretación en inglés do monólogo da famosa obra de Hamlet.
Desde a biblioteca tamén propuxemos crear un Book Face con libros de mulleres escritoras para adicarlles a elas este día e seguir así co Proxecto de Igualdade. Para iso deixamos varios exemplares na exposición, para que alumnos e profesores pasasen a sacar a súa foto. Deixamos algunha foto e o enlace á curta do book face do profesorado:





















































