Onte celebramos o Día de Rosalía rodeados de flores e libros pois tivemos a nosa primeira sesión do Club de Lectura. Este ano O Club morreu na súa forma debido á situación Covid, mais non na súa esencia. A metade de curso decidimos seguir con esta andaina e retomar esta actividade tan fermosa para seguir a compartir intres para lembrar.
25 de febreiro de 2021
Día de Rosalía y Club de Lectura
11 de febreiro de 2021
Día da nena e da muller na ciencia
Hoxe celebramos o Día da nena e da muller na ciencia dunha maneira moi especial. Tivemos a visita de Ros López, exvoluntaria da ONG Mundo Cooperante que viaxou por varios países axudando a mulleres e nenas en situación de exclusión social.
O Día da nena e a muller na ciencia tamén o celebramos cunha pequena exposición con parte dos nosos fondos da "Biblioteca de igualdade", en concreto aqueles que fan referencia á muller e a ciencia. Esperemos que poidades "degustar" algún exemplar.
20 de xaneiro de 2021
Pon o teu lugar no mapa
Desde a biblioteca e xunto co equipo de Dinamización da Lingua Galega iniciamos esta semana a recollida e a fase de exposición do proxecto "Pon o teu Lugar no Mapa". A recollida de palabras do galego local iniciouse o curso pasado, e contou coa implicación dos grupos de 1º de Bacharelato.
14 de xaneiro de 2021
Escape room sobre os xéneros literarios
O alumnado de FP Básica traballou os xéneros literarios a través do escape room "O regreso dos zombis" facendo un recorrido pola nosa biblioteca. Os enigmas foron moi variados e permitiulles navegar entre os cómics, consultar El Quijote de la Mancha e rebuscar entre as nosas películas.
Tiñan que ir protexidos porque os zombis podían atacar en calquera momento e Federico os agardaba na entrada...
A pesar disto, conseguiron a chave para escapar da habitación resolvendo todos os enigmas e ao final o equipo máis rápido tivo a súa recompensa!!
22 de decembro de 2020
Nadal Solidario e Boas festas
Grazas a toda a comunidade educativa da Laboral este Nadal será mellor para moitas familias. O calendario solidario foi unha actividade moi gratificante e desde a biblioteca queremos agradecer a vosa xenerosidade e colaboración, tamén queremos dar as grazas ao centro por ter contribuído cunha importante doazón destinada a produtos de hixiene, limpeza e alimentos. Aquí está o resultado da recadación destes 11 días a favor do banco de alimentos Rías altas. Grazas de novo.
Bo Nadal!!
17 de decembro de 2020
Recomendacións literarias para o Nadal
Desde a biblioteca queremos intentar fomentar a lectura entre todo o persoal do centro e sobre todo entre o noso alumnado e motivalo para que leven algúns libros de lectura este Nadal. Para iso por cada préstamo que se faga desde a biblioteca agasallamos cun marcapáxinas e uns doces de Nadal a todos os usuarios.











































