17 de marzo de 2016

Igualdade e condicións laborais: Debate aberto

Unha vez finalizados os exames, decidimos adicar a mañá de hoxe a debater sobre a situación da muller no ámbito laboral e en xeral, sobre as condicións de traballo, que certamente se endureceron coa crise.  Moitos dos alumnos de 1º de Ciclos Formativos, xunto cos seus profesores de FOL, participaron nunha reflexión utilizando un cuestionario-guión para analizar varias escenas da película "Os Fenómenos", que con anterioridade se lles pediu aos alumnos que visionaran, xa que está ao seu dispor na biblioteca.





















Tamén tivemos tempo de analizar os resultados da enquisa de igualdade que fixéramos no noso blog, e debatemos sobre as cuestións mais chamativas

















Para rematar, quixemos "pagar" a colaboración dos alumnos de xeito similar ao Sr. Barreiro, o patrón na película, que ofrecía un cacho de empanada aos traballadores que traballaran como uns "fenómenos".



8 de marzo de 2016

A muller e o traballo: Moito por percorrer no camiño da igualdade

Dentro dos actos para recordar o Día da Muller Traballadora que se conmemora hoxe, 8 de marzo, os grupos de 1º de Ciclos Formativos participarán nun debate o vindeiro xoves, día 17 de marzo, sobre as condicións laborais de homes e mulleres no sector da construción.  Para ambientar o tema facemos a suxestión de que vexades a película "Os fenómenos", que tendes dispoñible na biblioteca.

Como adianto, o tráiler da película:


Tráiler de la película Los fenómenos, de... por elblogdecineespanol


 Todos os grupos, xunto cos profesores de FOL, faremos un repaso da situación laboral nun sector tan castigado pola crise, e en particular, a situación da protagonista, unha muller nun traballo tradicionalmente considerado "cousa de homes".

Recordando o Día da Muller Traballadora






Neste día toca recordar a importancia da muller en todos os ámbitos e tratar de reivindicar a labor de moitas mulleres que quedaron no inxusto esquecemento.

Un exemplo: Cando se lembra á Xeración do 27, veñen á memoria nomes excepcionais do mundo das letras e as artes. Pintores, escritores, poetas, dramaturgos, que legaron á historia do noso país, obras inmortais. Pero foron soamente homes os que demostraron as súas magníficas capacidades artísticas? A resposta é contundente. Non. Xunto a nomes como Machado ou Dalí, Gil Roësset, Zambrano ou Chambourcín, foron figuras destacadas daquela Xeración que ao ser rescatada despois da ditadura, esqueceuse inxustamente das figuras femininas. "As Sinsombrero" rescata do esquecemento a unhas mulleres que conviviron coas grandes figuras da Xeración do 27. Mulleres que non foron simplemente as súas compañeiras, as súas esposas ou as súas amigas. Foron moito máis. Foron artistas que se situaron á mesma altura que eles. E eles admiráronas. Aínda que non sempre lles deron o recoñecemento público que se mereceron.



As mulleres que conforman As Sinsombrero son pintoras como Margarita Manso, Maruja Mallo ou Ángeles Santos; escultoras como Marga Gil Roësset; escritoras da talla da filósofa María Zambrano ou María Teresa León; poetas que crearon fermosos versos, como Rosa Chacel ou Ernestina de Champourcín.



Otros recursos:
Cine en Feminino. (IES San Paio-Tui)
A muller na Guerra Civil (IES San Paio-Tui)



Bocas seladas. (IES Xoán Montes-Lugo)