11 de xuño de 2021

Recollemos o premio á Innovación Educativa!!

Onte recollemos o premio á Innovación Educativa no Salón de Plenos con Concello da Coruña. Fomos premiados por FEAE Galicia á Innovación Educativa polo proxecto levado a cabo na FP básica "Axenda 2030: construíndo un novo mundo".  A entrega do premio foi por parte do concelleiro de Educación e pola presidenta de FEAE e entre os membros do xurado estaban personalidades importantes do CSIC. Falamos e compartimos intres educativos con outros centros.











8 de xuño de 2021

Seguimos odeseándonos

Seguimos coa campaña de "Odeséate" para seguir a traballar coa Axenda 2030 desde a biblioteca, esta semana cubrimos a nosa mesa altar  de exposicións cos ODS, este foi o resultado:






7 de xuño de 2021

Concerto Black Galicia

O alumnado de CS de Actividades físicas e deportivas e os de CM de Electricidade e Electrónica asistiron ao concerto de Black Galicia e ao seu espectáculo "Voces de muller", un canto ao feminismo e unha homenaxe ás voces negras de mulleres que tiveron que loitar por facerse un oco no panorama musical. Escoitamos versións de Amy  Winehouse, Aretha Franklin, Nina Simone e Alicia Keys entre outras introducidas por unhas verbas que nos recordaron o calvario polo que tiveron que pasar para poder triunfar na música, en moitos casos polo feito de ser mulleres e negras ou por sufrir malos tratos por parte das súas parellas. O escenario foi no exterior para poder cumprir co protocolo Covid e o tempo axudou para poder bailar ao ritmo do soul.