22 de febreiro de 2022

Azucre, unha lectura compartida con Bibiana Candia

 Nova oportunidade de compartir lectura coa súa creadora.

Hoxe tocoulle a quenda a Bibiana Candia e a súa novela Azucre.


A autora trouxo ata nós as voces daqueles rapaces que embarcaron rumbo a Cuba e acabaron convertidos en escravos. Musicalidade e beleza para narrar unha historia tan dura, que ben merece ser coñecida por todos.

 





Como ocorre en todas as sesións do Club, a lectura levou a comentar outros libros e historias que falan da emigración, do exilio, da Galicia rural, de expedicións en barco onde os nenos son protagonistas...



 
 
 
Para agasallar á autora escollemos unha cesta en forma de nasa, para seguir reivindicando o noso.



8 de febreiro de 2022

Falamos da Muller e a Nena na Ciencia coa investigadora Kelly Conde

Hoxe visitounos para conmemorar o Día da nena, a muller e a Ciencia a científica Kelly Conde, que participa coa Asociación Española de Investigación contra o cáncro (ASEICA), na iniciativa Conócelas.

Falounos do importante papel que desenvolve a muller no mundo da investigación científica. 

Asistiron á charla os alumnos e alumnas do CS de Animación Sociodeportiva.











Exposición Muller e Ciencia

O vindeiro día 11 celébrase o Día da muller e a nena na ciencia e xa temos todo preparado na biblioteca para as actividades previstas.

Consideramos imprescindible visibilizar o rol que xogan as mulleres no ámbito ciéntifico e reivindicar os seus logros.

Podedes atopar máis información sobre este día neste enlace










2 de febreiro de 2022

O Proxecto de Igualdade: Traballando pola igualdade e a paz.

 O alumnado de FP Básica reflexionou sobre as desigualdades e a situación da muller no mundo grazas á colaboración da ONG Mujer Wanawake, dentro do Proxecto de Igualdade que está a desenvolver o centro. Aproveitamos para conmemorar deste xeito o Día da Paz, enlazando tamén coa Axenda 2030.