29 de outubro de 2019

Primeira sesión de formación de usuarios

Como cada ano, comezamos as nosas sesións de formación de usuarios para todo o alumnado de 1º de Bacharelato e Ciclos Formativos. Hoxe tocoulles a quenda aos alumnos e alumnas dos Ciclos Superiores de Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica e de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.

Coñeceron os servizos que presta a biblioteca e a organización dos seus fondos.









28 de outubro de 2019

Enchemos a biblioteca falando de libros!


Hoxe recibimos con moita ilusión aos novos membros do Club de Lectura.

Colocamos as cadeiras na sala,


Fixemos o café,


Seleccionamos algúns fondos relacionados coa lectura proposta



E preparámonos para coñecer aos novos membros do Club.









Do que escoitamos parece que acollemos un grupo de grandes lectores. Vai ser un gran ano!

Para o vindeiro día toca facer varios grupos para compartir mellor todo o que que temos que dicir, que é moito e bo. Marabilla!

24 de outubro de 2019

Biblioteca, viveiro de cidadanía



Hoxe, 24 de outubro, Día das Bibliotecas é bo momento para lembrar que a biblioteca será sempre un espazo para compartir, falar, opinar, reflexionar, ler e descubrir.  Espazo de igualdade e liberdade. Espazo onde exercer o noso papel de cidadáns responsables e comprometidos.

Deixamos aquí unha pequena mostra de textos que nos axudarán a pensar que modelo de sociedade queremos construír.



22 de outubro de 2019

Os ODS e o cine

Hoxe seleccionamos algunhas das películas que temos na biblioteca que se poden relacionar con algúns dos Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable. O cine é unha ferramenta ideal para o debate e a reflexión cara a construir un mundo mellor.






Novidades nos nosos andeis

Estamos continuamente mercando novos fondos para a nosa biblioteca. Aquí tes unha escolma das últimas adquisicións. Atopas novas obras para o noso andel de Xénero e Igualdade. Tamén literatura xuvenil e divulgación científica.





Xa sabes que tes unha pequena recensión de cada un deles no noso blog Lecturas na laboral. Pica na imaxe para ver máis.

https://www.blogger.com/u/1/blogger.g?blogID=1858363423617000477#editor/target=post;postID=5813113654884374025



7 de outubro de 2019

Queres compartir as túas lecturas? Únete ao noso club

Queres unirte ao noso club de lectura?

Xuntámonos unha vez ao mes para compartir a lectura dun libro, un café e algún doce. Ti só tes que traer as ganas de coñecer novos autores, novos xéneros, novas lecturas. Nós traemos todo o demáis: os libros, o café e as sobremesas. Anótate na biblioteca.

Comezamos o luns 28 de outubro.


6 de outubro de 2019

Novas no revisteiro

Xa temos revistas para todos os gustos: pon a proba o ten cerebro, infórmate das novidades dos teus deportes favoritos, coñece máis sobre os estrenos no cinema ou le o artigo da revista Luzes sobra os menores inmigrantes.

Moito máis no noso revisteiro