23 de abril de 2020

Libros confinados no Día do Libro

O profesorado e persoal do centro tamén quixo celebrar o Día do Libro desde as súas fiestras e balcóns, compartindo as súas lecturas confinadas.







22 de abril de 2020

Participamos na proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares



Desde a Asesoría  de Bibliotecas Escolares fannos esta proposta:


https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/files/D%C3%ADa_Libro%20(2).jpg



No noso collage recollemos as seguintes reivindicacións:

  • Homenaxear a Luz Pozo Garza, poeta coruñesa que falleceu esta mesma semana
  • Un libro, Os nenos da varíola,  de María Solar que esta hoxe de actualidade ante a busca dunha vacina para o COVID-19. No noso centro recibimos o ano pasado a visita da autora e comentamos o libro no noso Club de Lectura
  • Unha libraría de proximidade coa que colaboramos habitualmente, Moito Conto, un modelo de profesionalidade e de acubillo lector.

Celebrando na casa o Día do Libro 2020

Este ano toca celebrar nas nosas casas o 23 de abril. A nosa proposta pasa por integrarse máis que nunca cun libro, formando parte da súa portada ou da súa historia.






 Aquí tedes unha pequena mostra das participacións recibidas:





13 de abril de 2020

Os recursos da Laboral ao servizo do noso alumnado durante a crise do Coronavirus

As necesidades do noso alumnado cambiaron ante a obriga de continuar o proceso de ensino a través da teleformación. Algúns dos alumnos e alumnas non contaban cun equipo informático adecuado para desenvolver as tarefas e acceder aos recursos facilitados polo profesorado nas plataformas de formación virtual.

O equipo directivo decidiu desmantelar unha das aulas de informática do centro dotada de ordenadores portátiles e repartir os equipos entre o alumnado que o solicitara previamente.


Os recursos da Laboral ao servizo da sociedade durante a crise do Coronavirus

Decidimos que os recursos da Laboral debían ser útiles á sociedade nestes días tan complicados, sobre todo para o persoal sanitario tan necesitado de equipos de protección frente ao Coronavirus.

Así que puxemos a funcionar as impresoras 3D e estamos a fabricar máscaras de protección facial e protectores para mascarillas, que están sendo entregados ao persoal sanitario de distintos centros de saúde de Culleredo e A Coruña.








Axenda 2030: Novo obxectivo? 18 The Universal Fridge

Nestes días nos que toca reformular o noso mundo por causa da situación creada polo Coronavirus, hai quen está a dar voltas aos obxectivos da Axenda 2030.

Os nosos compañeiros, fundadores da ONG Operación Pangono Pangono, seguen acercándonos os problemas da xente ordinaria en moitos paises de África. Aínda nestas semanas complicadas de confinamento todos nós temos a posibilidade de encher as nosas neveiras e conservar os alimentos por moitos días. Este feito está moi lonxe de ser realidade para moitas familias en África.

As interrupcións constantes no suministro eléctrico obrigan a buscar outras solucións alternativas na enerxía solar ou nos microcompresores.

Lograr un modo eficaz de refrixerar os alimentos facilitará a vida a aquelas persoas que tradicionalmente son as encargadas das tarefas domésticas e permitiralles unha maior independencia e desenvolvemento persoal ao non ter que dedicar tantas horas nos procesos artesais de conservación dos alimentos.

Buscan chamar a atención das empresas e da comunidade científica para acadar xuntos unha solución para as máis de 1500 millóns de persoas que non teñen acceso a un refrixerador, deseñando un modelo universal que poida ser empregado en calquera lugar de África.


Máis información desta nova na prensa:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/04/05/objetivo-llevar-frio-africa/00031586107517551377528.htm