17 de decembro de 2019

Felices Festas!

Xa chega o tempo do merecido descanso. O equipo da biblioteca deséxavos un Bo Nadal! Por un 2020 cheo de lecturas compartidas!




16 de decembro de 2019

Nova sesión do Club de Lectura



Nova reunión do Club de Lectura, desta volta para falar da obra de Ian McEwan, La ley del menor. Nesta ocasión o alumnado participante no Club considerou que se trataba dunha lectura esixente, que requería tempo e concentración. O alumnado máis adulto e o profesorado gozaron máis coa súa lectura. Diversidade de opinións; a razón de ser dun Club de Lectura.

No que si que houbo acordo foi en recoñecer que o libro leva consigo moitos temas para debater. Entre os dilemas persoais da protagonista: permitir unha infidelidade no seu matrimonio e a renuncia á maternidade para alcanzar o éxito profesional. Coma xuíza ten que resolver varios conflictos familiares que afectan a menores, ás conviccións relixiosas, a cuestións éticas e morais. Tamén houbo tempo para cuestionar a fronteira da maioría de idade nos dezaoito anos.





Por suposto, non faltou o café e a sobremesa (grazas, Marina, polo biscoito).

E para celebrar o tempo de Nadal houbo agasallos:

Libretas da Asesoría para todo o alumnado e agasallos solidarios para as mellores citas e reseñas.




Pareceunos adecuado que os nosos agasallos contribúan a lograr un mundo máis xusto e igualitario, mercando os produtos elaborados por mulleres das comunidades máis desfavorecidas da India. Traballamos así cos obxectivos 1 e 5 da Axenda 2030.


O mellor é que xa temos elixida a próxima lectura: Infamia de Ledicia Costas.



13 de decembro de 2019

Tempo de Nadal, tempo de lecturas

Xa chega o Nadal, tempo de compartir coa familia, coas amizades bos momentos e boas lecturas.

Dende a biblioteca do centro facémosvos estas suxestións, algunhas recentemente chegadas aos nosos andeis. Escolle unha, dúas, tres...




Lembra que podes escoller moitas máis lecturas. Bota un ollo ao noso blog de Lecturas na Laboral.

http://lecturasnalaboral.blogspot.com/

10 de decembro de 2019

Xornada de formación dos voluntarios da biblioteca

O alumnado voluntario recibiu hoxe unha xornada de formación sobre a Axenda 2030.



Compartimos enquedanzas e ideas para realizar nos próximos meses. O certo é que escoitar a estes alumnos e alumnas danos esperanzas de que un mundo máis sostible é posible.

Aportaron tantas opcións para realizar o seu voluntariado que vai a ser difícil decidir a cal lle damos prioridade.

Coma primeira tarefa teñen por diante a difusión da Axenda 2030 entre os seus compañeiros.




3 de decembro de 2019

Giving Tuesday: voluntariado na biblioteca

Voltamos coa nosa campaña contra o consumo masivo polo Black Friday e o Cyber Monday. Cada día consideramos máis necesaria a educación nos valores de consumo responsable.

Coma cada ano a nosa oferta de consumo pasa polas novelas negras nas que volan as páxinas pero non os cartos.






Pareceunos que a data de hoxe era especialmente acaída para que os nosos voluntarios da biblioteca asinarán os seus compromisos. No Giving Tuesday pensamos en dar non en mercar!



Ponte no seu lugar: Discapacidade e inclusión

O día 3 de decembro e o día internacional das persoas con discapacidade. Baixo o lema "Ponte no meu lugar" deseñamos unha chea de actividades para celebrar este día na biblioteca.



Inauguramos a actividade "Bibliotecas humanas", onde unha persoa ven relatar a súa experiencia de vida. Hoxe convidamos a Jesús Suárez, discapacitado visual. Jesús contounos como aos vinte anos diagnosticáronlle o seu problema de visión e como tivo que asumir a súa nova situación e reinventarse saíndo da súa zona de confort. A día de hoxe traballa, ten un grupo de rock, practica atletismo e exerce como voluntario. Un exemplo para calquera dos que non temos aparentemente ningunha discapacidade recoñecida, pero temos dificultades para afrontar os pequenos obstáculos cotiás.











Tocaba poñerse no lugar de Jesús. O alumnado que escoitaba a súa charla cursan o Ciclo de Animación Deportiva e precisamente teñen un módulo de atención a discapacitados. Así que houbo pronto voluntarios para poñerse na súa pel.







Os alumnos e alumnas que participaron na charla organizaron a continuación unha actividade no vestíbulo principal para experimentar en primeira persoa a falta de movilidade ou a falta de visión.




Unha xornada para defender a inclusión e unha nova oportunidade para traballar a Axenda 2030 e o obxectivo 10