24 de abril de 2023

Festa do libro

 Chegou o Día do Libro e na Laboral quixemos celebralo cunha verdadeira festa.

Engalanamos a nosa mesa doce, cheas de lambadas e libros e polo noso Photocall Lerflix pasou alumnado, profesorado e persoal non docente.






Cada un escolleu lema e atrezzo e a participar da festa!








































22 de abril de 2023

Preparativos para celebrar a Festa do Libro

 O equipo da biblioteca traballou arreo para deixar a instalación lista para o vindeiro luns cando celebraremos a Festa do Libro.

Trátase dunha proposta lúdica de achegamento aos libros, sen máis pretensións que pasar un bo momento a carón dos libros.

O equipo da Biblioteca preparou unha instalación no hall do centro, onde presentararemos unha escolma de recomendacións lectoras.

A idea é que todos os membros da comunidade educativa participen en un photocall humorístico (facilitaremos gorras, lentes, perrucas, ás...). Todos os que se acheguen a participar terán dereito a recompensa na nosa mesa doce.

Aproveitamos o día para presentar o noso novo panel de recomendacións lectoras LERFLIX. A suscripción é de balde e pódese compartir contrasinal:). Será un espazo permanente onde atoparedes as recomendacións da Biblioteca.

 





 

20 de abril de 2023

Ampliamos o noso horario durante o terceiro trimestre

 Grazas á colaboración do profesorado do centro podemos ampliar o noso horario e reforzar o equipo de gardas na biblioteca. Esperamos que sexa útil á comunidade educativa.



19 de abril de 2023

Volve o English Conversation á biblioteca

 Pouco a pouco imos recuperando as actividades que levábamos a cabo e que coa pandemia costou recuperar.

Unha das actividades que máis gozamos son as sesións de English Conversation. Grazas á colaboración da nosa auxiliar de conversa, Andrea, e de Lucía, a coordinadora do departamento de idiomas, conseguimos ter dúas sesións semanais para que o profesorado do centro mellore a súa competencia linguística en inglés.





 

Coma sempre, un café compartido axuda moito a acadar un bo clima de traballo. Let's go!