25 de febreiro de 2015

Preparando a celebración do Día da Muller Traballadora

Na calendario da biblioteca queremos remarcar a data do 8 de marzo dun xeito especial. Pensamos que hai moito por facer para reivindicar os dereitos da muller, para facelas visibles.

Por eso estamos organizando unha serie de actividades e exposicións.

Estes días os andeis da biblioteca énchense de grandes mulleres, que traballaron en todos os ámbitos.


















Se premes na imaxe poderás comprobar as desigualdades aínda vixentes e coñecer os dereitos e prohibicións existentes na data do teu nacemento e comparalos cos doutras décadas



A muller no mundo


Nun centro como o noso, onde o alumnado de Ciclos Formativos é maioritariamente masculino e preciso reflexionar sobre as dificultades que as mulleres atopan para traballar en entornos tradicionalmente masculinos (a electricidade, o frío industrial, o marítimo-pesqueiro...). Por iso, convidamos a Rosa Mª de la Campa, profesora na Universidade de A Coruña, na ETS de Naútica e Máquinas para que nos fale do traballo da muller no mar. Será o xoves, día 5, as 11:20, na Sala de Reunións.

Coordinamos esta actividade xunto co Departamento de FOL, por ser un contido propio deste módulo nos ciclos formativos, e co Departamento de Filosofía, para o alumnado de Bacharelato.

Tamén temos a nosa escaleira expositora chea de mulleres


Toda a información


19 de febreiro de 2015

Visita de Xurxo Souto: presentación de "Contos do mar de Irlanda"






















O xoves tivemos a oportunidade de compartir con Xurxo Souto un tempo que resultou moi fructífero: escoitamos algunhas das historias que aparecen no seu último libro, "Contos do mar de Irlanda", cantamos e reflexionamos sobre a nosa identidade como pobo. É ben certo que Galiza non é o fin da terra, senon o centro do mar.

Organizamos a actividade pensando que podería ter moito interés para os nosos alumnos de Ciclos Formativos da familia Marítimo-Pesqueira. Ademais o noso alumnado procede na súa maioría de moitas localidades costeiras, e teñen unha especial sensibilidade e respeto polas xentes do mar.

A verdade foi que ata os "terrícolos", como dí Xurxo, gozamos escoitando todo o que nos quixo contar...e cantar.

Aquí tedes unha mostra.  MEDRE O MAR!!


8 de febreiro de 2015

Lecturas namoradas




Pásate pola biblio para escoller na nosa escaleiras de recomendacións unha peli romántica ou unha boa novela de amor. Poderás escoller desde un clásico ata as novidades editoriais.