28 de outubro de 2021

Conta atrás para o 25N

 Se algo temos claro é que o noso centro ten que ser un referente da igualdade e da loita contra a discriminación e a violencia de xénero.

Non cremos en conmemoracións dun día, pensamos que é un traballo cotiá, que debe estar presente sempre nas nosas aulas e talleres.

Fai uns días que os rapaces e rapazas de diferentes Ciclos que cursan os módulos de Procesos de Montaxe e Mecanizado andan a traballar nos materiais para facer visible o 25N no centro.






Sabedes xa  que andan argallando? Unha pista...



Chega o Samain entre esqueletos e contos

 Coma cada ano a biblioteca prepárase para o Día de defuntos e para celebrar o Samaín. 

Federico, o noso esqueleto favorito, xa seleccionou as lecturas máis acaídas para este día.













Aproveitando o escenario o alumnado de FP Básica acudiu na sesión do módulo de comunicación a contar historias de medo, tradicionais de Galicia coma a Santa Compaña, pero tamén de outros países de orixe do alumnado. Escoitáronse contos da República Dominicana, de Perú ou Brasil. E todos fixeron tremer aos asistentes... Atréveste a ler unha das nosas propostas de medo.











Os nosos fondos, libro a libro: exemplares para todos

Na biblioteca procuramos ter varios exemplares das lecturas recomendadas polo profesorado ou propostas nos diferentes clubs de lectura.

Para mostra as dúas últimas adquisicións múltiples:

Unha proposta para o módulo de Navegación e goberno da nave, no CS de Transporte Marítimo e Pesca de Altura:

Astronomía práctica e outras cousas, de Ramón Vilalta López

A primeira proposta lectora do Club de Lectura:


Rewind, de Juan Tallón

Os nosos fondos, libro a libro: La novia gitana, de Carmen Mola


 Na nosa biblioteca atoparás todos os libros de moda, os que están na boca de todos.

A última gala dos Premios Planeta veu cunha sorpresa: a famosa Carmen Mola, autora de novelas de misterio como La novia gitana, escondía baixo o seu seudónimo a tres homes, os tamén escritores Jorge Díaz, Agustín Martínez y Antonio Mercero. A polémica está servida.

Pechamos as sesións de formación de usuarios

 Co alumnado de 1º de CS de Mecatrónica Industrial rematamos as sesións de formación de usuarios. Para moitos dos alumnos e alumnas que pasaron estes días pola biblioteca foi a súa primeira visita, pero xa quedou claro que non vai a ser a última. E nos felices de que volva a encherse de alumnos e alumnas cada día.







27 de outubro de 2021

Os nosos fondos, libro a libro: Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga


 


Xesús Fraga acadou o Premio Nacional de Narrativa con esta obra na que fai unha homenaxe á súa avoa, unha brava muller de Betanzos que enfrentou a emigración e as penalidades da vida ca mesma fortaleza e humildade que tantas outras mulleres galegas. 

Unha nova mirada sobre a emigración e a marca que deixou nos nosos pobos e nas persoas que tiveron que acometer esta vivencia.

No noso blogue lecturasnalaboral tes un resumo máis amplo.

26 de outubro de 2021

Únete ao noso Club de Lectura

 Este curso o Club de Lectura arranca con máis forza despois do parón obrigado polo COVID. Queremos recuperar todo o bo que ten formar parte dun grupo onde compartiremos lecturas, experiencias e (se a pandemia nos deixa) café e sobremesas.

Xa temos a nosa primeira proposta lectora e toda unha carta de recomendacións: Buffet libre de lecturas! En breve máis novas sobre o noso CUL.

Anótate!




25 de outubro de 2021

Máis sesións de formación de usuarios

 Temos tanto alumnado novo no centro que precisamos facer moitas sesións para que todos teñan a oportunidade de coñecer os nosos fondos e de apuntarse para participar nas actividades que pouco a pouco se van programando. 






O noso reto era que todos recibiran a formación para poder celebrar xuntos o Día da Biblioteca e conseguímolo!

Formación de usuarios: todos preparados para gozar da biblioteca no seu día

 Durante o última semana pasaron pola biblioteca todos os grupos de alumnado de 1º curso dos diferentes Ciclos Formativos e os de Formación Básica para facer a formación de usuarios e coñecer como desenvolverse na biblioteca. O protocolo COVID non nos permite facer todas as actividades que nos gustaría pero non renunciamos a que os nosos alumnos e alumnas coñezan os nosos fondos e participen de todas las actividades que se poidan ir facendo. 










Celebramos o Día das Bibliotecas cunha intensa actividade

 Pensamos que non hai mellor xeito de celebrar o Día das Bibliotecas que enchela de usuarios. A nosa biblioteca tivo hoxe unha actividade "intensa", xa que o alumnado de FP Básica suou para resolver o enigma proposto a modo de "Scape Room" para coñecer os xéneros literarios.











Como non podería ser doutro xeito conseguiron atopar todas as respostas correctas e acadar o premio. A biblioteca da testemuña!