31 de maio de 2021

Últimas novidades

 Para rematar o curso e poder levarnos un bo libro para o verán fixemos a última adquisición de novos fondos neste curso, vén buscar o teu!!









14 de maio de 2021

Rap e Argonautas polas Letras Galegas

Para conmemorar as Letras Galegas a biblioteca editou dous vídeos cos alumnos do Ciclo Superior de Mantemento de maquinaria de buques e embarcacións. Por un lado montamos varias imaxes cun rap de fondo composto por un alumno que vencella a poesía á música e por outro acompañamos unha gravación co recitado de versos da nosa poesía entre os que destacan os de Xela Arias. Este último titulámolo "Argonautas" facendo un guiño aos alumnos de marítimo e no primeiro quixemos mandar unha mensaxe clara: Goza coa nosa cultura, fala a túa lingua!

Deixamos os enlaces aos vídeos para que os vexades.

Rap Letras Galegas:

https://drive.google.com/file/d/1ghACPkkAPx4rHPVxpCsHRR3UgFTbWbaU/view?usp=sharing

Argonautas:

https://drive.google.com/file/d/14GZ-H9RFutJVQLM7HORAhFGaLYXIlNfZ/view?usp=sharing 


Aproveitando a celebración deste día quixemos facer públicas tamén as novidades en lingua galega coas que contamos na biblioteca.





Podedes pasar cando queirades a recoller o voso libro!!




 






6 de maio de 2021

Exposición Letras Galegas

Xa temos na nosa biblioteca a exposición para as Letras Galegas que este ano están adicadas a Xela Arias, tratamos de resaltar as diferentes facetas da escritora, a Xela vencellada á poesía, a Xela xornalista e a Xela como compositora de cancións para o grupo de rock Desertores

Xela é unha das voces máis destacadas da poesía galega e aborda na súa obra a afirmación do corpo feminino, a perspectiva de xénero e a busca de novos espazos para a poesía. Con esta exposición sumámonos á súa homenaxe.
















Novidades lectoras Día do Libro

Co gallo do Día do Libro adquirimos unhas cantas novidades: narrativa, divulgación, banda deseñada... Deixamos por aquí algúns dos títulos cos que contamos entre os nosos fondos.












Tamén quixemos ampliar os nosos fondos de igualdade e da biblioteca inclusiva con xogos e libros.






Aproveitade e levade algún para casa!!