20 de febreiro de 2017

Reunión do Club de Lectura: "Vestido de novia"

Nova sesión do CUL, desta volta para comentar "Vestido de novia", de Pierre Lemaitre.



Houbo quen non foi capaz de rematar a lectura da angustia que lle ocasionaba... Novela negra en toda a súa intensidade.


Claro que cun pouco de biscoito as penas son máis levadeiras.

19 de febreiro de 2017

Visibilizando á muller e as súas contribucións científicas

Queremos enlazar o día da Muller e a nena na ciencia (celebrado o pasado día 11) co Día da Muller Traballadora (8 de marzo) dando visibilidade aos descubrimentos e avances científicos logrados por moitas mulleres. O seu traballo foi silenciado pola indiferencia e o desprecio da comunidade ciéntifica masculina, que incluso, ás veces, se apropiou dos seus logros. Toca un exercicio de memoria e reivindicación da súa contribución ao progreso da humanidade.

Para poder coñecer mellor as súas vidas e os seus descubrimentos, dispoñemos de novos fondos na biblioteca. Esperamos que tamén resulten de moita utilidade ao Club de Ciencia do centro que inicia os seus primeiros pasos.



9 de febreiro de 2017

11 de febrero, Día internacional da muller e a nena na ciencia



Na actualidade, as mulleres e as nenas atopan barreiras de moitos tipos, ás veces moi sutís, que dificultan a súa presenza na ciencia. Esta desigualdade é patente na elección dos estudos por parte das nenas e vaise agudizando ao avanzar nas carreiras científicas e tecnolóxicas. Co obxectivo de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, a igualdade de xénero e o empoderamiento das mulleres e as nenas, o 15 de decembro de 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro de cada ano como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Na biblioteca poderás atopar algúns fondos e materiais relacionados con este tema.

Por se fose do teu interese durante a fin de semana celébranse na ciudade moitos actos e conferencias gratuitos.

Podes consultar o programa na páxina web da divulgadora científica Deborah García Bello

 http://dimetilsulfuro.es/2017/02/08/11-de-febrero-dia-internacional-de-la-mujer-y-la-nina-en-la-ciencia/#more-2253


Se queres informarte mais sobre este tema, sigue este enlace ou pica na imaxe

 https://11defebrero.org/category/pioneras/


https://11defebrero.org/category/pioneras/

4 de febreiro de 2017

Biblioteca territorio das Artes: Exposición "Dalí e ciencia"

Este trimestre temos a pracer de disfrutar dunha exposición onde se relaciona as obras de Dalí con disciplinas en principio sorprendentes como a ciencia, as matemáticas, a física ou a música. Trátase dunha exposición que acadou varios premios no seu día e que conseguimos grazas a xestión dunha das súas autoras, hoxe no IES María Casares de Oleiros.






Temos un cuestionario moi completo e interesante para traballar os distintos carteis.

O Club de Lectura foi de compras

Como xa contamos, hai uns días os membros do CUL visitamos a Librería "Moito Conto" e aproveitamos para facer unhas compras para os nosos fondos. Un pouco de suspense, unha pinga de poesía, outra de humor, algúns relatos de viaxes iniciáticos...