22 de decembro de 2022

Entrega dos alimentos recollidos no Nadal Solidario

 

Grazas á solidariedade da comunidade educativa poidemos axudar ao Banco de Alimentos Rías Altas na súa encomiable labor de axuda aos máis vulnerables.






20 de decembro de 2022

Festa no Club de Lectura: tivemos convidada, doces e moitos libros

 Última sesión do ano no Club de Lectura e tocaba facer unha festa das que nos gustan, claro: libros, doces e convidada de luxo.

Abarrote arredor da nosa mesa lectora. 




 

Hoxe tocaba comentar Maus, de Art Spiegelman. Unha lectura moi esixente, con moitos niveis de lectura, que provocou algo de desconcerto en lectores non habituados ao formato de banda deseñada.

Para tratar de facilitar a comprensión da obra convidamos a Sira González, bibliotecaria na rede de bibliotecas municipais da Coruña e gran entusiasta do comic e coñecedora de moitas chaves para a mediación lectora nunha obra desta envergadura. Suma ademáis moitos anos de coordinación de Clubs de Lectura. Unha oportunidade de rematar o ano no Club ao grande, en mans expertas.

 


 

Por suposto, Maus permite falar de historia, de alta literatura con tantos niveis narrativos, de dibuxo, de metáforas, da riqueza das súas viñetas...



Coma boa biblitecaria que é, Sira aproveitou para falar de moitos outros comics que temos nos nosos fondos. Xoias tales coma El arte de volar, El ala rota, Hierba...

 


 

Coa axuda de Sira fixemos unha pequena selección de obras de banda deseñada  que contan a Historia, con maiúsculas.



Compartimos a proposta feita desde o Ciclo de Animación Deportiva para traballar o bullying co alumnado do Ciclo ao que pensamos convidar á nosa sesión de xaneiro para incorporar outras visións, outras experiencias, outras voces.

 


Grazas por todo, Sira!




Pequenos agasallos de Nadal, novas propostas de lectura... Quen necesita máis?

Ata o 2023! Felices Festas!


16 de decembro de 2022

Campaña solidaria de recollida de alimentos polo Nadal

 No equipo da biblioteca estivemos dacordo en que non podiamos deixar rematar o 2022 sen facer a recollida de alimentos a favor do Banco de Alimentos Rías Altas. O certo é que o tempo botóusenos encima e que só temos tres días antes do remate das clases, pero cremos que é tempo dabondo para que a nosa comunidade educativa poida facer a súa contribución solidaria.

A recollida será na biblioteca. Podedes traer os alimentos non perecederos que queirades ou ben mercar un dos nosos marcapáxinas solidarios, a cambio do donativo que consideredes. Cos fondos recaudados un membro do equipo da biblioteca encargarase de mercar leite, aceite e conservas.

Pensamos que é importante trasmitir estes valores solidarios ao alumnado, así que animámosvos a que os acompañades á biblioteca e lles expliquedes esta iniciativa. Cada un pode contribuir segundo as súas posibilidades. Cada euro€ conta!


 


15 de decembro de 2022

Suxestións de Nadal

 Este Nadal preparamos para vós unhas suxestións do máis variado, mirade algunhas: 

  • O último premio nacional de narrativa, As malas mulleres, de Marilar Aleixandre.
  • Número dos, de David Fonkinos, a historia do neno que quedou en segundo lugar no casting de Harry Potter.
  • Todo va a mejorar, a última novela de Almudena Grandes.
  • Chapapote, onde doce autores galegos arman este relato colectivo sobre a catástrofe do Prestige.
  • Azucre, a novela de Bibiana Candia, que tivemos a sorte de coñecer no noso Club de Lectura, onde se conta a descoñecida historia dos nenos galegos que foron levados coma esclavos a Cuba.





Novidades na biblioteca

Aí van as últimas novidades na nosa biblioteca, coma sempre atoparás un pouco de todo: misterio, divulgación, psicoloxía, novas voces, historias ambientadas no Brasil, en Cuba, en Colombia, en Estados Unidos, en Sudáfrica.

Viaxemos lonxe, sen retrasos nin aeroportos.






8 de decembro de 2022

Radio na biblio polo 25N

 Cremos que non fai falta moito máis que reproducir a listaxe de mulleres asasinadas pola violencia machista no que vai de ano para reflexionar sobre a magnitude desta realidade. Quen escoita o podcast está desexando que remate, que non digan un so nome máis. Basta!



30 de novembro de 2022

O Bosque da Igualdade, no 25N

 Queremos recoller nesta entrada as actividades desenvolvidas co gallo do 25N, das que xa mostramos os preparativos neste mesmo blog.

Preparamos na entrada unhas mesas con tarxetas moradas, bolígrafos e fío para colgar as mensaxes das árbores.






 

 

 

 




Tamén entregamos unhas pulseras a todos os que se acercaban ao bosque.






Organizamos para o alumnado de 1º de FP básica un obradoiro de "Acoso na rúa" a cargo da Fundación Mujeres.
 
 
 
Todos quixeron pasar polo photocall para retratarse contra a violencia.