17 de decembro de 2018

O Club de Lectura celebra o Nadal

Unha nova lectura, moito debate, uns doces, un café, moitas risas... non se pode pedir máis. Hoxe tocaba falar de "Kafka y la muñeca viajera", de Jordi Sierra i Fabra.


A obra gustou case a todos e ademáis serviu para reivindicar a figura de Kafka e a súa producción literaria.


Pero estamos en tempo de Nadal e é tan bonito agasallar...






Os alumnos quedaron encantados coas súas chapas de #EuSonDesteClub, coas camisetas e coas tazas de #leeydejaleer de @loenlasnubes.

Desta volta foi doado escoller a nova lectura xa que en xaneiro esperamos a visita de María Solar e varias científicas do CSIC que nos falarán de "Os nenos da variola".



Felices Lecturas polo Nadal!


O equipo da Biblioteca fixo unha escolma de lecturas recomendadas para este tempo de vacacións, para aproveitar o tempo frío ao carón dun bo libro e algo quentiño.

Aproveitamos tamén para desexarvos un BO NADAL!! Vémonos no 2019 pola Biblioteca!




12 de decembro de 2018

Renovamos os nosos fondos: Botade unha ollada!

Xa temos catalogadas as moitas novidades que mercamos este  trimestre grazas aos fondos procedentes do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares).

Atoparedes as suxestións dos departamentos para os seus itinerarios lectores e as súas respectivas propostas de lecturas obrigatorias e voluntarias. Tamén renovamos moitos libros técnicos para as diferentes familias profesionais do centro.



Aquí tedes unha mostra dalgunha das novidades




Para saber máis, xa sabedes, visitade o noso blogue de Lecturas na Laboral e alí atoparedes unha breve recensión de cada un deles. Picade na imaxe!