25 de febreiro de 2021

Día de Rosalía y Club de Lectura

Onte celebramos o Día de Rosalía rodeados de flores e libros pois tivemos a nosa primeira sesión do Club de Lectura. Este ano O Club morreu na súa forma debido á situación Covid, mais non na súa esencia. A metade de curso decidimos seguir con esta andaina e retomar esta actividade tan fermosa  para seguir a compartir intres para lembrar.









Nesta sesión intercambiamos opinións sobre Mejor la ausencia de Edurne Portela, unha novela chea de conflitos sociais que nos fixo volver a unha época na que España estaba ameazada polo terrorismo de ETA e a heroína dominaba as rúas. A violencia é o centro da obra e o mundo que rodea a Amaia.



Tivemos tamén unha visita moi especial, contamos con Eugenia a quen lle regalamos un libro e unha rosa para conmemorar o Día de Rosalía. Grazas, Eugenia, por compartir con nós este día.






11 de febreiro de 2021

Día da nena e da muller na ciencia

Hoxe celebramos o Día da nena e da muller na ciencia dunha maneira moi especial. Tivemos a visita de Ros López, exvoluntaria da ONG Mundo Cooperante que viaxou por varios países axudando a mulleres e nenas en situación de exclusión social. 




Esta actividade está enmarcada no Proxecto de Igualdade que se leva a cabo nos cursos de FP básica e trata de concienciar ao alumnado sobre as desigualdades de xénero que todavía se viven na nosa sociedade. Nunhas sesións previas falamos da evolución da situación da muller na sociedade (na familia, no traballo, na ciencia...) e hoxe reflexionamos sobre a situación todavía máis desfavorecida que sofre a muller noutros países. O punto final foron dúas dinámicas que tiveron ao alumnado moi participativo,  viviron nas súas carnes a explotación e a denigración social. As súas conclusións foron emotivas: a muller non vale nada en moitos países, non teñen dereitos, non poden estudar,  moitas nenas están destinadas á prostitución... Deixamos unha pequena mostra da actividade.






O Día da nena e a muller na ciencia tamén o celebramos cunha pequena exposición con parte dos nosos fondos da "Biblioteca de igualdade", en concreto aqueles que fan referencia á muller e a ciencia. Esperemos que poidades "degustar" algún exemplar.