31 de xaneiro de 2017
On Tuesday and Wednesday, English break
Hoxe comezaron as nosas charlas informais no recreo das 12:10. Grazas á nosa auxiliar de conversa, Meghan, por colaborar con nós. Pásate pola biblioteca os martes e mércores e participa.
28 de xaneiro de 2017
Seleccion de lecturas para a "era Trump"
As "verdades alternativas" de Trump aumentan as vendas de libros que
coma "1984" de George Orwell falan de sociedades controladas, onde se
manipula a información e se practica a vixilancia masiva. Aí tedes unha
selección dos nosos fondos para a reflexión. O compromiso das bibliotecas escolares é formar cidadáns críticos. Grazas a @bibliotecadoporrino pola idea!! As bibliotecas temos moito que dicir