21 de decembro de 2016

O hall do instituto é unha festa!!

Tras un trimestre de moito traballo, o noso hall foi escenario de moitas celebracións:

Completamos a nosa árbore solidaria



Celebramos un concerto de rock co grupo de versións "Juego Sucio", con Joaquín, o camerero da cafetería, sacando o mellor da súa guitarra. Fixádevos que de fondo estiveron tamén presentes as novidades da biblioteca. Qué mellor difusión!!









Qué ben o pasamos!! E agora a gozar do tempo de familia e descanso. Bo Nadal!!

Agasalla un préstamo polo Nadal: Repartindo lecturas e sorrisos

A biblioteca loce repleta de agasallos lectores



O martes, día 20, chegou o día da entrega dos préstamos/agasallos


















Houbo sorpresas tamén para o persoal non docente do centro







Nova sesión do Club de Lectura: "El Olvido que seremos"

O pasado luns reuniuse de novo o Club para comentar a lectura "El olvido que seremos" de Héctor Abad.

Houbo, como corresponde a un bo club, diversidade de opinións. O mellor, os comentarios compartidos, a oportunidade de falar de Hispanoamérica, de outras lecturas, de series, de películas, de experiencias familiares...



Como é o noso primeiro Nadal, quixemos ter un pequeno detalle coas alumnas do club que nos axudan a levalo adiante. A elección foi sinxela: unha obra do último autor que acadou o premio Cervantes, Eduardo Mendoza, "El asombroso viaje de Pomponio Flato", onde os protagonistas son un carpinteiro chamado Xosé, o seu fillo Xesús e a súa dona, María. Un argumento moi navideño...




Para rematar, a proposta de lectura para a seguinte sesión



16 de decembro de 2016

Campaña de recollida de alimentos Nadal 2016

Recorda que temos en marcha a nosa campaña: "A túa solidariedade endulza o Nadal"



Estamos a recoller alimentos no hall do centro, e queremos rechear a árbore do Nadal de leite. Axúdanos a conseguir kilos de solidariedade





Os libros da biblioteca xa lucen elegantes: o mellor agasallo, un libro

Xa estamos preparando as vosas solicitudes de agasallos polo Nadal. Coma corresponde, os nosos libros xa se puxeron elegantes para marchar cara ás vosas casas!



10 de decembro de 2016

Agasalla un préstamo polo Nadal


Adiantamos o Nadal: temos unha chea de novidades

Grazas aos fondos procedentes do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares temos a biblioteca a rebordar de novidades.

Hai un pouco de todo; xunto a moitos libros técnicos, podes atopar novelas, banda deseñada chea de superheroes, libros que falan de ciencia, libros que dan voz as mulleres, libros ilustrados, xuvenís...

Toda a información, cunha breve recensión está no noso blog de lecturas recomendadas