31 de outubro de 2016

Revisteiro de novembro

Xa pasamos polo kiosko e collemos a nosa selección de revistas para este mes. Temos un pouco de todo: xogos, viaxes, cine, cociña, historia...


24 de outubro de 2016

Intenso Día da Biblioteca II: Primeira sesión do Club de Lectura na quenda da tarde

Hoxe a Biblioteca estivo a pleno rendimento. Se pola mañá moitos alumnos descubriron o seu funcionamento, outros tiveron ocasión de participar na inauguración do novo Club de Lectura.

Todos os que alí estabamos eramos novatos nesto, pero houbo tempo para presentacións, compartir sobremesas, libros, películas e falar do que nos gustaría facer nas seguintes sesións. Parece que imos ter moito que contar...

Xa levamos a primeira lectura e quedamos en vernos de novo o 14 de novembro. Aínda hai tempo para vos unir se queredes. Preguntade na biblioteca.











Intenso Día da Biblioteca I: Formación de usuarios na quenda da mañá.

Como cada ano, comezamos as sesións de formación de usuarios para os alumnos novos no centro, xa cursen Bacharelato ou Ciclos Formativos.

Mostrámoslles os servizos da biblioteca e a súa organización. Rematamos cunha actividade didáctica dirixida a que o alumno localice determinadas obras entre os fondos da biblioteca.

Algúns cursos de Ciclos Formativos visitaron hoxe a biblioteca, coincidindo co Día da Biblioteca. Un xeito moi proveitoso de celebrar a data.
















19 de outubro de 2016

Preparando a primeira sesión do Club de Lectura

O vindeiro luns, día 24 de outubro, celebraremos o Día das Bibliotecas inaugurando o noso Club de Lectura

Xa temos escollida a primeira obra que leremos. Trátase de



Enderezo descoñecido é unha moi breve novela epistolar publicada en 1938 nos Estados Unidos. A súa autora pretendeu ao escribila denunciar o que estaba pasando na Alemaña nazi cos xudeus, ante a indiferenza do resto do mundo. Tivo que asinar con pseudónimo xa que a historia considerábase moi dura para ser obra dunha muller.
 As cartas entre dous amigos, un xudeu estadounidense e un alemán que regresa a seu país no ano 1932, transmítenos con sinxeleza e claridade como o nazismo se apropiou non só do poder, senón tamén das conciencias de moitos alemáns, que se sumaron á tolemia nazi cunha naturalidade espantosa.

Para coñecer mellor a época na que se desenvolve a obra e coñecer historias con argumentos similares, dende a Biblioteca facémosvos estas propostas


6 de outubro de 2016

Únete ao noso Club de Lectura

Este ano a biblioteca do centro quere ofrecerche a oportunidade de compartir lecturas e experiencias lectoras formando parte do noso Club de Lectura.

Xa temos o logo





Pensamos que o noso CUL pode dar moito xogo, e non só de letras ("Cool?", Club Universidade Laboral, Club ULecturas...)

Xa estamos a escoller as obras que imos compartir.  Pero non se trata só de ler; tamén pode tocar ir de viaxe, ou de compras para seleccionar os novos fondos da biblioteca que sexan do teu interese, ou de ir ao cine... Pregunta na biblioteca sobre o seu funcionamento.

Aquí tes a información para o primeiro encontro




































Pásate pola biblioteca e anótate.