Todos os que alí estabamos eramos novatos nesto, pero houbo tempo para presentacións, compartir sobremesas, libros, películas e falar do que nos gustaría facer nas seguintes sesións. Parece que imos ter moito que contar...
Xa levamos a primeira lectura e quedamos en vernos de novo o 14 de novembro. Aínda hai tempo para vos unir se queredes. Preguntade na biblioteca.
Felicito ós alumnos e alumnas que alimentaron hoxe o sano hábito de visitar as bibliotecas. E felicito ó Equipo de profesores e profesoras que puxeron en pe ou deron apoio a esta iniciativa.
ResponderEliminar