20 de xaneiro de 2021

Pon o teu lugar no mapa


Desde a biblioteca e xunto co equipo de Dinamización da Lingua Galega  iniciamos esta semana a recollida e a fase de exposición do proxecto "Pon o teu Lugar no Mapa". A recollida de palabras do galego local iniciouse o curso pasado, e contou coa implicación dos grupos de 1º de Bacharelato.








Nesta nova fase queremos animar a toda a comunidade educativa a recoller palabras galegas orixinais e propias dun lugar, vila ou cidade. Esperamos que o mapa do recibidor fomente a participación pois aportar unha palabra significará destacar nel ese lugar polo que sentimos algo especial.
































14 de xaneiro de 2021

Escape room sobre os xéneros literarios

O alumnado de FP Básica traballou os xéneros literarios a través do escape room "O regreso dos zombis" facendo un recorrido pola nosa biblioteca. Os enigmas foron moi variados e permitiulles navegar entre os cómics, consultar El Quijote de la Mancha e rebuscar entre as nosas películas.  




Tiñan que ir protexidos porque os zombis podían atacar en calquera momento e Federico os agardaba na entrada...


A pesar disto, conseguiron a chave para escapar da habitación resolvendo todos os enigmas e ao final o equipo máis rápido tivo a súa recompensa!!