24 de outubro de 2022

Unha selección de medo polo Samain

 Para acompañar a nosa exposición sobre o Samain, fixemos unha selección de obras que inspiran terror, medo, nas que domina o negro, as bruxas, os monstruos...

Atréveste?





No día das bibliotecas abrimos as portas aos novos usuarios

 O mello xeito de celebrar o Día das Bibliotecas é recibindo na nosa biblioteca ao alumnado de 1º curso, para que coñezan a biblioteca e todos os servizos que lles pode ofrecer.

Moito por descubrir e facer aquí.




















19 de outubro de 2022

Preparando o Samaín

 Xa estamos ambientando o noso espazo para celebrar o Samaín. Contamos con ter moitas visitas os vindeiros días, xa que axiña comezan as sesións de formación de usuarios, así que temos unha boa selección de historias de medo. Podes coller o que queiras sempre que non teñas medo das arañas nin das bruxas.








18 de outubro de 2022

Día das Escritoras

 Onte,  17 de outubro, recordamos o día das mulleres escritoras. En realidade, cada día procuramos destacar a obra das mulleres e atraer ao andel de Igualdade aos nosos usuarios. Nesta ocasión aproveitamos para poñer sobre a mesa a escrita de moitas autoras galegas.

 



 



13 de outubro de 2022