16 de xuño de 2026

Xornada compartida co Club de Lectura do IES Blanco Amor na Illa de Tambo

 Un ano máis compartimos viaxe co club de lectura do profesorado do IES Blanco Amor de Culleredo. O noso destino este ano foi a Illa de Tambo e a icónica localidade de Combarro. 








Unha forma xenial de rematar o ano lector do noso Club. 

Grazas, Marjane

 



A nosa homenaxe a Marjane Satrapi, na súa triste despedida. As súas obras sempre terán un lugar destacado nos nosos andeis.



9 de xuño de 2026

Queres aprender sobre Seguridade Social? O alumnado de IPE I explícancho

 Seguimos aproveitando a Rula como recurso para traballar os curriculos dos Ciclos Formativos, desta volta tocoulle o turno ao Módulo de IPE I. O alumnado do CS de Prevención de Riscos Profesionais e o do CS de Ensinanza e Animación Sociodeportiva analizan as distintas prestacións da Seguridade Social. Seguro que aprendes cousas moi interesantes, escoita os podcast.


8 de xuño de 2026

Xadrez na biblio: Final four

 Este venres 5 de xuño disputouse a final do II Torneo de Xadrez Ulaboral, iniciativa promovida novamente pola Biblioteca do centro. Resultou vencedor o noso alumno do ciclo superior de Animación Mauro Atahualpa, que gañou na final a Álex Martínez, o noso excelente finalista do ano pasado. En terceiro lugar quedaron o profesor Pedro Rocha (tamén finalista do ano pasado) e o noso campión 2025, Emilio Gómez.


Despois de disputarse a final, os demáis participantes puideron xogar partidas amistosas para medirse cos finalistas, contando coa presenza de ilustres espontáneos.

















4 de xuño de 2026

Día Mundial do Medio Ambiente


 

Celebramos o día mundial do medio ambiente cunha serie de podcast elaborados polo noso alumnado na Radio na biblio  desde a perpectiva do módulo de Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo.


Rulando eses podcast!



Non poden faltar as nosas recomendacións lectoras sobre esta temática.




2 de xuño de 2026

A última frase, na última sesión do Club

 A obra de Camila Cañeque non podía resultar máis acaída para pechar o noso Club.

 





 

Comezamos co café...

Seguimos falando de libros...




E a mesa rematou, coma sempre, chea de autores e títulos que foron saíndo na conversa.


Para poñer fin á sesión tratamos de establecer o podium das mellores lecturas do ano.





Cada un escolleu unha lectura favorita diferente: A última frase, A vexetariana, Os ingratos, As alumnas...

Quixemos pechar o círculo voltando a escribir unha nova palabra no cartón da primeira sesión.



Voltaremos a compartir, respirar, aprender, debater o vindeiro curso! Bo verán!

Non sabes que lectura escoller para o verán?

 Para axudarte na túa elección, busca os nosos marcapáxinas en textos seleccionados.

Así de doado!







29 de maio de 2026

Novos recursos no Espazo Maker

 Seguimos dotando de recursos o noso Espazo Maker e, máis importante, tratando de facilitar o coñecemento do seu funcionamento polos nosos usuarios.



Mercamos un Kit para reparar o teléfono móbil e elaboramos unha pequena guía para o seu uso.



Tamén tiñamos pendente compartir a adquisición da cortadora láser.




 


27 de maio de 2026

Escape Room polas Letras Galegas

 En colaboración co EDLG organizamos un Scape Room na biblioteca ao redor da figura de Begoña Caamaño no que participaron varios grupos de FP Básica e Ciclos de Grado Medio.

 







 

25 de maio de 2026

Visita guiada a exposición Lalique, na Fundación Barrié

 Unha vez máis organizamos unha visita guiada a exposición do maestro da arte da xoería René Lalique.

Quedamos abrumados pola exquisita mostra, que reúne importantes obras procedentes do propio Museo Lalique (Wingen-sur-Moder, Francia), do Museu Calouste Gulbenkian (Lisboa) e de coleccións privadas. A exposición presenta preto de 300 pezas, principalmente xoias e obras en vidro, xunto con debuxos e outros obxectos como espellos ou téxtiles.

Como cada exposición viaxamos cara a outros tempos e outros lugares.






 Agradecidas, como sempre, a Fundación Barrié e ao seu persoal experto que fai de cada visita un momento moi especial.

24 de maio de 2026

Premiados no noso concurso do Día das Artes Galegas

 Xa recibiron os seus agasallos os participantes premiados no concurso-homenaxe a José Suárez, que organizamos polo Día das Artes Galegas.

O primeiro premio foi para Paula López Mella, pola fidelidade a imaxe e o exquisito gusto na reproducción de todos os detalles.


 Aquí a tedes coa súa cámara instantánea Polaroid e un exemplar do libro editado pola Academia Galega das Artes en homenaxe a José Suárez.


 O segundo premio foi para a versión feita polo alumnado de 1º do Ciclo de Enerxías Renovables. O xurado valorou o traballo grupal e a reproducción da escena con bastante fidelidade. Todos os modelos máis o fotógrafo recibiron cada un deles dous vales para consumir na cafetería do centro.

 


 
 

Noraboa e grazas a todos os participantes!