25 de novembro de 2026

25N: "Ninguén falou delas".

 

 

Hoxe convidamos a Belén López Cillero para que nos trasladara a súa investigación sobre o Patronato de Protección a la Mujer, unha institución franquista que perdurou oficialmente ata o ano 1985, pero que seguiu exercendo moitos anos máis un réximen dictatorial de represión e malos tratos sobre moitas rapazas desprotexidas e vulnerables, cuxo único delito era, en moitos casos, proceder de familias desestructuradas, cun maltratador ao seu carón.




O documental que se proxectou durante o encontro sobrecolleu a todos os asistentes na sala e xerou moitas preguntas sobre cómo esta situación foi silenciada e, como titula Belén o seu libro, ninguén falou delas. 

 




Un 25N para reflexionar sobre a responsabilidade do noso silencio ante a violencia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Graciñas por participar en biblioviva