28 de abril de 2022

A biblioteca comprometida coa seguridade laboral

 Na Laboral estamos a celebrar o Día da Seguridade e Saúde no Traballo con postos informativos e actividades organizadas polo alumnado de 1º do CS de Prevención de Riscos Laborais.

Un dos postos informativos estivo situado na propia biblioteca e nós felices de non perder ocasión de formar parte da vida do centro, das preocupacións do alumnado e de ser acubillo para todas as actividades propostas polo profesorado.












Abril, libros mil

 No mes de abril chegan cada ano moitas novidades aos nosos andeis.

Aquí tedes unha pequena mostra:







25 de abril de 2022

Escape Room: El Quijote de la Mancha

 Para conmemorar o Día do Libro o alumnado do FP Básica participou nunha xincana literaria e nun escape room sobre Don Quixote na biblioteca.









Celebrando o Día do Libro con Popesía.

 O alumnado de 1º curso do Ciclo Superior de Acondicionamento Físico participou na actividade Popesía, un concerto didáctico que mestura poesía galega e música pop actual. Pareceunos unha actividade moi apropiada para este grupo que ten varios módulos relacionados coa música e a comunicación.








Novas vidas para os libros

No noso mercado solidario quedou demostrado que os libros poden ter novas vidas lectoras, pasando aos andeis doutras casas, da man de novos lectores.

Hoxe procuramos que os libros foran moeda de cambio para conseguir moitos litros de leite para o banco de alimentos. Así que realmente os libros teñen moitas vidas e son alimento de corpo e espíritu.

Dobre obxectivo cumprido!














22 de abril de 2022

Día do Libro 2022




Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade  edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2022.
 
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso o escritor, editor e tradutor, Xosé Ballesteros, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose  na parte menos visible do libro, esa marabillosa viaxe colectiva que inician autores/as e ilustradores/as, con parada en editoriais, imprentas, librarías, para atopar, finalmente,  porto seguro nas nosas bibliotecas escolares. 
 
  "Velaí o libro: unha faísca da memoria do mundo"
 
Neste mes, e todo o ano, non esquezamos que os libros chegan as nosas mans grazas a unha cadea de traballo colectivo que non debemos romper. Habitemos este espazo que creamos xuntos/as. 
 

 Na biblioteca  xa temos preparada a nosa actividade para celebrar con moitas lecturas solidarias o Día do Libro 2022.
 



 

20 de abril de 2022

Libros solidarios

 Esta semana estamos recollendo libros de segunda man para celebrar un mercado solidario o vindeiro luns día 25, co gallo do Día do Libro.


Cremos que un precio xusto pode ser un litro de leite por cada libro. Esperamos recaudar moitos litros!