31 de maio de 2022

Despedida do Club de Lectura

 O pasado venres o club de lectura celebrou a última sesión do curso, coa asistencia unicamente do profesorado xa que os alumnos e alumnas están desenvolvendo as súas prácticas profesionais nas empresas dos respectivos sectores productivos.

Comentamos a última proposta lectora, La extraña desaparición de Esme Lennox, da autora Maggie O'Farrell, que gustou moito.

Falamos tamén doutras obras da autora que se poden atopar na biblioteca, como é o caso de Hammet, unha maravilla que compre ler.

Os membros do Club completaron a ficha de rigor sobre a novela. Son ben mandadiños, xa se sabe...



 

Rematamos co reconto de todo o lido neste curso, nada menos que sete obras e 1865 páxinas!! Cada quen elexiu a súa lectura favorita entre todas as lidas. El peón, de Paco Cerdá tivo bastantes votos, pero unanimemente todos coincidiron en que o mellor do club son as visitas dos autores. Este ano con Xoan Tallón e Bibiana Candia non poidemos estar mellor acompañados. Un privilexio formar parte do Club!.





19 de maio de 2022

Día das Letras na Laboral e recordo a Domingo Villar

 Cada día é o día das nosas letras. Na biblioteca tes moitas propostas para ler en galego.









Esta semana resultou tinguida de tristura polo falecemento de Domingo Vilar, que nos fixo viaxar con Leo Caldas polo seu Vigo natal. Moito ten feito polo idioma, por lograr que miles de persoas leran en galego sen pestanexar e sen respiro, esperando a seguinte páxina. Grazas por todo! A nosa mellor homenaxe será recomendar sempre as súas obras. Boa viaxe, Domingo, que o mar che sea leve.




9 de maio de 2022

Nova reunión do Club de Lectura do profesorado

 Desta volta para comentar a lectura de "Ojos azules", de Toni Morrison. Houbo opinións moi diferentes, entre os que non poideron avanzar na súa lectura e os que gozaron da forma de narrar desta autora, galardoada co Premio Nobel de Literatura.





Como ocurre sempre nas reunións, aproveitamos para tratar de comprender a través das lecturas os acontecementos máis recentes, como é a guerra de Ucrania. Loxicamente non hai xeito de comprender un acto tan irracional pero a lectura sempre da claves sobre o que acontece.

Fixemos unha escolma de libros que falan sobre Ucrania, Rusia e outros territorios sometidos á influencia soviética ao longo da súa historia.





Tamén fixemos un xogo para emparellar as primeiras páxinas de varias obras que figuran entre as novidades do noso fondo.



Resultou un xeito lúdico de presentar as novidades para que se convertesen en obxecto de desexo. Conseguido!

Novo mobiliario na biblioteca

 Renovamos o espazo da biblioteca cunha nova zona para o traballo ou o lecer. Esperamos que che resulte cómodo e práctico.