Hoxe comezamos a construir un espazo frente a violencia, cas nosas mans e as nosas mensaxes.
Pero non rematamos hoxe, esta é unha construcción colectiva que temos que facer cada día.
Hoxe comezamos a construir un espazo frente a violencia, cas nosas mans e as nosas mensaxes.
Pero non rematamos hoxe, esta é unha construcción colectiva que temos que facer cada día.
Rematamos o mes da ciencia en galego na nosa biblioteca con dúas charlas inspiradoras para o noso alumnado.
Mañá contaremos coa presencia de David Santos Domínguez, Doutor en Telecomunicacións e investigador no centro atlanTTic (Universidade de Vigo) que nos falará da profesión de investigador. A continuación Nieves R. Brisaboa, investigadora do CITIC (UDC), catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos, presentará os retos e desafíos que trae consigo a Intelixencia Artificial.
Hoxe convidamos a Belén López Cillero para que nos trasladara a súa investigación sobre o Patronato de Protección a la Mujer, unha institución franquista que perdurou oficialmente ata o ano 1985, pero que seguiu exercendo moitos anos máis un réximen dictatorial de represión e malos tratos sobre moitas rapazas desprotexidas e vulnerables, cuxo único delito era, en moitos casos, proceder de familias desestructuradas, cun maltratador ao seu carón.
O documental que se proxectou durante o encontro sobrecolleu a todos os asistentes na sala e xerou moitas preguntas sobre cómo esta situación foi silenciada e, como titula Belén o seu libro, ninguén falou delas.
Un 25N para reflexionar sobre a responsabilidade do noso silencio ante a violencia.
Comezamos o mes cunha selección de textos para o Samaín...