Rematamos o mes da ciencia en galego na nosa biblioteca con dúas charlas inspiradoras para o noso alumnado.
Mañá contaremos coa presencia de David Santos Domínguez, Doutor en Telecomunicacións e investigador no centro atlanTTic (Universidade de Vigo) que nos falará da profesión de investigador. A continuación Nieves R. Brisaboa, investigadora do CITIC (UDC), catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos, presentará os retos e desafíos que trae consigo a Intelixencia Artificial.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva