Este blogue quere ser unha porta aberta a toda a comunidade educativa, na que mostraremos as actividades da biblioteca, as novidades nos fondos e trataremos de facer recomendacións interesantes relacionados coa lectura e a cultura en xeral.
Desde a biblioteca tratamos de xestionar a posibilidade de que o noso alumnado teña acceso a diferentes exposicións do seu interese.
Esta vez contactamos con Acerga, a Asociación de Armadores do Cerco de Galicia ao ter sabido que ofrecen unha exposición itinerante de gran formato, moi acaída para o noso espazo de entrada e, por suposto, moi interesante para o alumnado dos Ciclos de Marítimo-Pesqueira.
Agradecemos moito a Acerga que personalizase a exposición co noso logo e a oportunidade de poder contar con esta exposición no noso centro.
Desta volta tratando de facer unha actividade integradora de varias competencias: comunicación, valores e emprendemento, convidamos ao rapero freestyler @Le33, recente campión do mundo na final internacional de BDMdeluxe celebrada en Chile.
Estrenamos tamén a zona de auditorio do novo espazo bibliotecario, que pese a ser provisional estanos a gustar cada vez máis.
Durante a charla aprendemos un lote sobre a historia do rap e o freestyle, as técnicas, as métricas, pero tamén de comunicación, do respeto ao oponente e de valores na competición e na vida.
O alumnado do Ciclo de Ensinanza e Animación Sociodeportiva foi o que tivo oportunidade de participar, enlazando cos contidos relacionados con comunicación que se imparten no ciclo. Tamén aproveitamos a actividade para ofrecer unha oportunidade de emprendemento e desenvolvemento persoal, visibilizando que é posible vivir profesionalmente dos nosos intereses persoais.
A mensaxe final: Esfórzate cada día para lograr os teus soños.
Como non podía ser doutro xeito a actividade rematou cunha pequena demostración de batalla de galos, xunto cun dos nosos alumnos.
A nosa radio segue avanzando cara a súa posta en marcha. Nesta ocasión o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións anda probando os micrófonos.
Cada ano aproveitamos o 8M para tratar de visibilizar ás nosas alumnas, máis escasas do que nos gustaría nos ciclos formativos que se imparten no centro.
Desta volta elaboramos uns paneis facendo a Natalia, Carmen, Andrea, Sara, Valentina, Vicky e Gala protagonistas e animando a outras rapazas a cursar os seus ciclos formativos.
Para a posta en funcionamento da nosa Radio na Biblio contamos coa axuda técnica imprescindible do alumnado de 2º CS Mantemento Electrónico que construíron unha emisora
de FM. Agora están na fase de axustes pois se recibe con moito ruido.
Nas fotos vémolos traballando co transmisor, como se recibe nun receptor e como
é o proceso para axustar a frecuencia de transmisión.