24 de outubro de 2017

Día das Bibliotecas

Hoxe é un día para celebrar a existencia das bibliotecas, espazos de liberdade, onde pensar e compartir, onde as palabras e as ideas ocupan os andeis

Parecenos oportuno compartir con vós dous videos onde os libros e a biblioteca xogan o papel de salvadores, de sabia medicina que alivia.
Para abrir boca, unha charla TED  
William Kamkwamba




Finalizamos cunha historia tan ben contada e ilustrada, que mereceu un Oscar

19 de outubro de 2017

Buscamos xente que devore os libros

Gústache ler? Compartir? Que tal un café con doces? Anímate a formar parte do noso Club de Lectura e prepárate para devorar os libros... e os doces, claro.


4 de outubro de 2017

Biblioteca aberta para pensar, descubrir e compartir

Hoxe recibimos os carteis co lema deste ano das bibliotecas escolares: "APRENDER A PENSAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR"


Compartimos a idea de que a biblioteca é un espazo onde aprender a dialogar, a compartir experiencias e actividades diferentes ás que se se desenvolven nas aulas. Un espazo onde nos fagamos preguntas que permitan coñecer e manexar a complexidade da realidade.

Unha selección de obras filosóficas, científicas, literarias, de banda deseñada para empezar a pensar



Biblioteca aberta para o novo curso!!