28 de outubro de 2015

Facendo as sesións de formación de usuarios

Xa que o pasado día 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas, quixemos celebralo estes días coas sesións de formación de usuarios dirixidas ao novo alumnado do centro de 1º de Bacharelato e 1º de Ciclos Formativos.

Moitos decatáronse que atopar un libro é moi doado na nosa biblio. Houbo tamén quen nos visitaba por primeira vez. Todos descubriron as posibilidades que lles brinda a nosa @biblioviva.

Aquí tedes algúns alumnos de Bacharelato:



















Chegou a quenda do alumnado de Ciclos Formativos




























21 de outubro de 2015

Preparando o primeiro Boletín da Laboral


 Este ano iniciamos un novo proxecto que queremos compartir con vós: o vindeiro mes de decembro publicaremos o primeiro BOLETÍN de carácter informativo do centro. Trátase dunha iniciativa que busca compartir as experiencias, actividades e novidades que se levan a cabo no IES Universidade Laboral, e que recibiredes por correo electrónico profesores, persoal laboral, alumnos e familias.

Queremos animarvos a tod@s a participar, polo que solicitamos a vosa colaboración facéndonos chegar información sobre as actividades que levades a cabo dentro ou fora do centro, recomendacións lectoras ou de viaxes, curiosidades e toda información que sexa de interese para toda a nosa comunidade educativa.

Esperamos a vosa participación e colaboracións en: boletin@ulaboral.eu

Curruncho do emprego

Temos un novo centro de interese na nosa biblio: "O Curruncho do Emprego".

Acércate e infórmate sobre novas ofertas de emprego, cursiños, oposicións... Tamén atoparás materiais interesantes para elaborar o teu curriculum ou poñer en marcha a túa empresa.





4 de outubro de 2015

Xa estamos de volta!!

A biblio xa abriu as súas portas. Pásate por alí para ver as novidades, levar libros, DVD's, revistas, darlle unha volta á prensa do día, ou utilizar a sala de lectura, a aula de traballo colaborativo, os ordenadores...

Este curso ampliamos o noso horario: agora abrimos todolos días de 9:20 a 13:20. Aproveita!!

Para inaugurar as nosas exposicións preparamos unha selección de fondos de "ciencia ficción", xunto con outros de "auténtica ciencia". Pensas que están tan lonxe?