17 de marzo de 2022

A muller e o mar

 A biblioteca acolleu a charla de Rosa de la Campa, capitana de barco e profesora da Universidade da Coruña na área de Ciencias e Técnicas de navegación sobre o traballo da muller no mundo marítimo. Falamos das dificultades para compartir tarefas nun mundo tradicionalmente masculino, en espazos confinados, dos problemas de conciliar a actividade nos barcos e a vida familiar.

 










14 de marzo de 2022

Como che foi na Feira da Igualdade?

 O 8 de marzo foi un día para compartir unha idea que defendemos coma comunidade educativa: A igualdade é o noso compromiso. Grazas a todo o alumnado que se sumou á conmemoración.

























8 de marzo de 2022

Feira da igualdade

Hoxe imos conmemorar o Día da muller cunha "Feira da igualdade" que terá lugar na entrada do centro en horario de 10:00 a 13:00. Alí haberá diferentes casetas con actividades para participar que foron organizadas polo alumnado de 1º de Prevención de Riscos Laborais. Contamos tamén cunha caseta titulada "Ponte no seu lugar" onde poderemos disfrutar dunha experiencia en 3D grazas ao alumnado do CS de Mantemento Electrónico que se encargou da parte técnica e ao de CS de Animación Sociodeportiva que colaborou con eles. Finalmente, recordamos que tamén terá lugar o Mercado solidario neste mesmo espazo e un "Punto violeta" que poñerá o Concello de Culleredo.

 



 Tamén teremos na entrada do centro un punto de Comercio xusto en colaboración coa ONG Mujer Wanawake coa que xa colaboramos en máis ocasións. Neste punto poñeremos á venda produtos artesáns feitos por mulleres africanas e rematados en España por mulleres en risco de exclusión social e a recadación irá destinada á educación de nenas de África.