Hoxe imos conmemorar o Día da muller cunha "Feira da igualdade" que terá lugar na entrada do centro en horario de 10:00 a 13:00. Alí haberá diferentes casetas con actividades para participar que foron organizadas polo alumnado de 1º de Prevención de Riscos Laborais. Contamos tamén cunha caseta titulada "Ponte no seu lugar" onde poderemos disfrutar dunha experiencia en 3D grazas ao alumnado do CS de Mantemento Electrónico que se encargou da parte técnica e ao de CS de Animación Sociodeportiva que colaborou con eles. Finalmente, recordamos que tamén terá lugar o Mercado solidario neste mesmo espazo e un "Punto violeta" que poñerá o Concello de Culleredo.
Tamén teremos na
entrada do centro un punto de Comercio xusto en
colaboración coa ONG Mujer Wanawake coa que xa colaboramos en máis
ocasións. Neste punto poñeremos á venda produtos artesáns feitos por
mulleres africanas e rematados en España por mulleres en risco de
exclusión social e a recadación irá destinada á educación de nenas de
África.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Graciñas por participar en biblioviva